Receptor do complemento
Receptor do complemento | |
---|---|
Identificadores | |
Símbolo | Receptor do complemento |
Membranome | 116 |
Un receptor do complemento é un receptor unido a membrana pertencente ao sistema do complemento, o cal forma parte do sistema inmunitario innato. Os receptores do complemento únense a fragmentos de proteínas efectoras que se producen en resposta a complexos antíxeno-anticorpo ou moléculas asociadas a danos.[1] A activación do receptor do complemento contribúe á regulación da inflamación, extravasación de leucocitos, e fagocitose; tamén contribúe á resposta inmune adaptativa.[2][3] Receptores do complemento diferentes poden participar na vía clásica do complemento, na vía alternativa ou en ambas.[4]
Expresión e función
[editar | editar a fonte]Os glóbulos vermellos, especialmente os monocitos e macrófagos, expresan receptores do complemento na súa superficie. Os receptores do complemento poden unirse a fragmentos do compoñente do complemento 3 (C3) ou do compoñente do complemento 4 (C4) que cobren a superfice do patóxeno, pero cada receptor causa diferentes actividades augas abaixo.[1] Os receptores do complemento CR1, CR3 e CR4 funcionan como opsoninas que estimulan a fagocitose, mentres que CR2 exprésase só en células B como correceptor.
Os glóbulos vermellos tamén expresan CR1, que lles permite transportaren complexos antíxeno-anticorpo unidos ao complemento ao fígado e bazo para que sexan degradados.[5]
CR # | Nome | Peso molecular (Da, aprox.)[1] | Ligando[4] | CD | Principais tipos de células[4]a | Principais actividades[1] |
---|---|---|---|---|---|---|
CR1 | Receptor do complemento 1 | 190.000–250.000 | C3b, C4b, iC3b | CD35 | B, E, FDC, Mac, M0, PMN | Transporte de inmunocomplexos (E); fagocitose (PMN, Mac); adherencia inmunitaria (E); cofactor e aceleración da degradación; receptor do virus Epstein-Barr secundario |
CR2 | Receptor do complemento 2 | 145.000 | C3d, iC3b, C3dg, virus de Epstein-Barr | CD21 | B, FDC | Coactivador de célula B, receptor do virus de Epstein-Barr primario, receptor CD23 |
CR3 | Antíxeno de macrófago 1 ou "integrina αMβ2" | cadea α de 170.000 + cadea β común de 95.000 | iC3b | CD11b+CD18 | FDC, Mac, M0, PMN | Adherencia de leucocitos, fagocitose de partículas unidas a iC3b |
CR4 | Integrina alfaXbeta2 ou "p150,95" | cadea α de 150.000 + cadea β común de 95.000 | iC3b | CD11c+CD18 | D, Mac, M0, PMN | Adhesión de leucocitos |
C3AR1 | Receptor de C3a | 75.000 | C3a | – | Endo, MC, Pha | Activación da célula |
C5AR1 | Receptor de C5a | 50.000 | C5a | CD88 | Endo, MC, Pha | Activación da célula, polarización inmune, quimiotaxe |
C5AR2 | Receptor de C5a 2 | 36.000 | C5a | – | Quimiotaxe |
- a.^B: célula B. E: eritrocito. Endo: célula endotelial. D: célula dendrítica. FDC: célula dendrítica folicular. Mac: macrófago. MC: mastocito. M0: monocito. Pha: fagocito. PMN: leucocito polimorfonuclear.
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]Os déficits na expresión do receptor do complemento poden causar enfermidades.[6] As mutacións nos recpetores do complemento que alteran o funcionamento dos receptores poden tamén incrementar o risco de certas enfermidades.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Holers VM (29 de xaneiro de 2014). "Complement and its receptors: new insights into human disease". Annual Review of Immunology 32: 433–59. PMID 24499275. doi:10.1146/annurev-immunol-032713-120154.
- ↑ Verschoor A, Kemper C, Köhl J (15 de setembro de 2017). "Complement Receptors". eLS: 1–17. ISBN 9780470015902. doi:10.1002/9780470015902.a0000512.pub3.
- ↑ Carroll MC (decembro de 2008). "Complement and humoral immunity". Vaccine 26 (Suppl 8): I28–33. PMC 4018718. PMID 19388161. doi:10.1016/j.vaccine.2008.11.022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Janeway Jr CA, Travers P, Walport M, Shlomchik MJ (2001). "The complement system and innate immunity". Immunobiology: The Immune System in Health and Disease (5ª ed.). Nova York: Garland Science. Consultado o 2020-06-17.
- ↑ Parham, Peter (2005). The Immune System (2ª ed.). Garland Science. ISBN 9780815340935.
- ↑ Schwartz RA, Thomas I. "Complement Receptor Deficiency: eMedicine Dermatology". Medscape. Consultado o 2010-12-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Complement receptors Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.