O filme foi estreado o 22 de setembro de 2006 no Reino Unido e o 25 de decembro nos Estados Unidos. Malia a distribución limitada e a recadación limitada en comparación co seu orzamento, Children of Men recibiu louvanzas da crítica e foi recoñecida polos seu guión, fotografía, dirección de arte e os innovadores planos secuencias de acción. Foi nomeado a tres Premios Oscar: mellor guión adaptado, mellor fotografía e mellor montaxe. Tamén foi nomeado a tres premios BAFTA, gañando mellor fotografía e mellor deseño de produción, e a tres Premios Saturn, gañando na categoría de mellor filme de ciencia ficción.
O lobo na cultura popular galega: O lobo recibe numerosos nomes ó longo da xeografía galega. Trátase dun animal considerado maléfico, encarnación do perigo para a xente e para o gando, inimigo por antonomasia, e moitas veces apónselle poderes máxicos e sobrenaturais. Para non amentalo polo seu nome propio, lobo, recórrese a denominacións alternativas, eufemísticas, co propósito de evitar a súa presenza e os seus ataques. Así, na lingua galega, temos apelativos como “o aquel”, “o outro”, “o becho”, “o da boca rachada”, “o fillo do demo”, “o compadre” ou “o tío Pedro” entre moitos outros. Este mesmo fenómeno de nomes tabú fronte a nomes noa dáse tamén respecto ó raposo ou ó demo así como noutras realidades.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 162 821 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 467 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.