Saltar ao contido

Receptor do complemento 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CR1
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Identificadores
externos
LocusCr. 1 q32.2
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
1378 n/a
Ensembl
Véxase HS n/a
UniProt
P17927 n/a
RefSeq
(ARNm)
NM_000573 n/a
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000564 n/a
Localización (UCSC)
Cr. 1:
207.5 – 207.64 Mb
n/a
PubMed (Busca)
1378


O receptor do complemento 1 (CR1), tamén coñecido como receptor de C3b/C4b o CD35 (cluster de diferenciación 35), é unha proteína que en humanos está codificada no xene CR1 do cromosoma 1.[1][2]

Este xene é un membro da familia dos reguladores da activación do complemento (RCA) e está localizado na rexión do "cluster RCA" do cromosoma 1. O xene codifica unha glicoproteína de membrana dun só paso de tipo I monómera atopada en eritrocitos, leucocitos, podocitos glomerulares, hialocitos, e célula dendrítica foliculares esplénicas. O sistema de grupos sanguíneos Knops é un sistema de antíxenos desta proteína. A proteína é un mediador celular da unión de partículas e complexos inmunes que activan o complemento. A diminución da expresión desta proteína e/ou mutacións neste ene foron asociados con carcinomas de vexiga urinaria, glomerulonefrite mesanxiocapilar, lupus eritematoso sistémico e sarcoidose. As mutacións deste xene foron asociadas tamén coa redución da formación de rosetas en Plasmodium falciparum, o que dá protección contra a malaria grave. Caracterizáronse variantes de empalme alternativo específico de alelo, que codifican diferentes isoformas. Describíronse isoformas adicionais específicas de alelos, incluíndo unha forma segregada, pero non foron completamente caracterizados.[1]

En primates o CR1 funciona como o principal sistema de procesamento e eliminación de inmunocompleos opsonizados do complemento. O CR1 pode actuar como regulador negativo do cadoiro do sistema do complemento, e como mediador da adherencia inmunitaria e a fagocitose e inhibe as vías clásica e alternativa do complemento. O número de moléculas CR1 decrece coa idade dos eritrocitos en individuos normais e tamén diminúe en condicións patolóxicas, como o lupus eritematoso sistémico, infección por VIH, algunhas anemias hemolíticas e outras condicións nas que se forman inmunocomplexos.[3] En ratos, o CR1 é unha variante de empalme alternativo do xene do receptor do complemento 2 (CR2).

Certos alelos deste xene foron asociados estatisticamente cun aumento do risco de desenvolvemento da enfermidade de Alzheimer de comezo tardío.[4][5]

Rexión xénica

En humanos o xene CR1 está localizado no brazo longo do cromosoma 1 na banda 32 (1q32) e atópae dentro do complexo de xenes inmnorregulatorios. En sentido 5'-3' os xenes desta rexión son: proteína cofactor de membrana – CR1 – CR2factor acelerador da descomposiciónproteína que se une a C4.

O factor H, outra proteína inmunorregulatoria, tamén está mapada nesta localización.[6]

Estrutura xénica e isoformas

Notas

  1. 1,0 1,1 "Entrez Gene: CR1 complement component (3b/4b) receptor 1 (Knops blood group)". 
  2. Moulds JM, Nickells MW, Moulds JJ, Brown MC, Atkinson JP (maio de 1991). "The C3b/C4b receptor is recognized by the Knops, McCoy, Swain-langley, and York blood group antisera". The Journal of Experimental Medicine 173 (5): 1159–1163. PMC 2118866. PMID 1708809. doi:10.1084/jem.173.5.1159. 
  3. Khera R, Das N (febreiro de 2009). "Complement Receptor 1: disease associations and therapeutic implications". Molecular Immunology 46 (5): 761–772. PMC 7125513. PMID 19004497. doi:10.1016/j.molimm.2008.09.026. 
  4. Lambert JC, Heath S, Even G, Campion D, Sleegers K, Hiltunen M, Combarros O, Zelenika D, Bullido MJ, Tavernier B, Letenneur L, Bettens K, Berr C, Pasquier F, Fiévet N, Barberger-Gateau P, Engelborghs S, De Deyn P, Mateo I, Franck A, Helisalmi S, Porcellini E, Hanon O, de Pancorbo MM, Lendon C, Dufouil C, Jaillard C, Leveillard T, Alvarez V, Bosco P, Mancuso M, Panza F, Nacmias B, Bossù P, Piccardi P, Annoni G, Seripa D, Galimberti D, Hannequin D, Licastro F, Soininen H, Ritchie K, Blanché H, Dartigues JF, Tzourio C, Gut I, Van Broeckhoven C, Alpérovitch A, Lathrop M, Amouyel P (outubro de 2009). "Genome-wide association study identifies variants at CLU and CR1 associated with Alzheimer's disease". Nature Genetics 41 (10): 1094–1099. PMID 19734903. doi:10.1038/ng.439. hdl:10281/9031. 
  5. Fonseca MI, Chu S, Pierce AL, Brubaker WD, Hauhart RE, Mastroeni D, Clarke EV, Rogers J, Atkinson JP, Tenner AJ (2016). "Analysis of the Putative Role of CR1 in Alzheimer's Disease: Genetic Association, Expression and Function". PLOS ONE 11 (2): e0149792. Bibcode:2016PLoSO..1149792F. PMC 4767815. PMID 26914463. doi:10.1371/journal.pone.0149792. 
  6. Das N, Biswas B, Khera R (2013). "Membrane-Bound Complement Regulatory Proteins as Biomarkers and Potential Therapeutic Targets for SLE". Advances in Experimental Medicine and Biology 735. pp. 55–81. ISBN 978-1-4614-4117-5. PMID 23402019. doi:10.1007/978-1-4614-4118-2_4. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns eternas

Este artigo incorpora textos da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos, que están en dominio público.