Object Management Group
Object Management Group | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | organismo de estandarización ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1989 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Needham (pt) ![]() ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | omg.org ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Object Management Group (OMG) é un consorcio que ten como obxectivo a definición de estándares relacionados coa programación orientada a obxectos, así como a modelaxe de sistemas.
Historia
[editar | editar a fonte]Este consorcio creouse en 1989, e incluía a Hewlett-Packard, IBM, Apple Computer e mais a Sun Microsystems, orientado a crear estándares relacionados con sistemas distribuídos e orientación a obxectos.
OMG creou a primeira versión de CORBA en 1991. En marzo do 2003, acadouse a versión CORBA 3.0, que define un modelo de compoñentes CORBA (CCM).
OMG creou ademais o estándar de Linguaxe de Modelaxe Unificada, en inglés Unified Modeling Language (UML) así como a tecnoloxía relacionada de Meta-Object Facility (MOF) e intercambio de metadatos en XML (XMI, XML Metadata Interchange). En abril de 2005 unha última versión de UML e MOF son 2.0 e de XMI é a 2.1.
Outro estándar no que a OMG está a traballar é a Arquitectura Definida polo Modelo (Model Driven Architecture, MDA), construída sobre UML.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Object Management Group (en inglés)