Saltar ao contido

Apple Inc.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Apple Computer»)
Apple Inc.


Nome curtoApple Editar o valor en Wikidata
Tipoempresa, negocio, marca comercial, empresa de capital aberto, corporación, empresa tecnolóxica, fabricante de equipos de computación e organización Editar o valor en Wikidata
Epónimomazá Editar o valor en Wikidata
Parte deNASDAQ-100, Dow Jones Industrial Average (pt) Traducir, GAFAM (pt) Traducir, S&P 500 e Dow Jones Global Titans 50 Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicacorporación e empresa de capital aberto Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Propietario/aThe Vanguard Group (pt) Traducir, Berkshire Hathaway, BlackRock e State Street Global Advisors (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fundador/aStephen Wozniak, Ronald Wayne e Steve Jobs Editar o valor en Wikidata
Director/a executivo/aTim Cook (24 de agosto de 2011-)
Steve Jobs (setembro de 1997-23 de agosto de 2011)
Gil Amelio (pt) Traducir (1996-1997)
Michael Spindler (1993-1996)
John Sculley (1983-1993)
Mike Markkula (1981-1983)
Michael Scott (1977-1981) Editar o valor en Wikidata
Presidente/aArthur D. Levinson (-) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria de software, consumer electronics industry (en) Traducir, distribución dixital, electrónica, tecnoloxías da información, industria de telefonía móbil e desenvolvemento de software Editar o valor en Wikidata
Entidades
Economía
Bolsa de valoresNASDAQ e Bolsa de Toquio Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1 de abril de 1976 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 39°49′41″N 98°34′46″O / 39.828175, -98.5795
LocalizaciónEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeCupertino e Cupertino Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónmundial Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónLos Altos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Contacto
Páxina WEBapple.com Editar o valor en Wikidata
Teléfono+1-800-275-2273 e +1-800-263-3394 Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: apple Twitter: Apple Instagram: apple VK: apple LinkedIn: apple Youtube: UCE_M8A5yxnLfW0KghEeajjw TikTok: apple Musicbrainz: 9b502a85-104b-4489-beff-ecedca81741c GitHub: apple Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Apple Inc. (antes, Apple Computer, Inc.) é unha compañía informática norteamericana con sede en Cupertino (California), fundárona Steve Jobs e Stephen Wozniak o 1 de abril de 1976. Apple contribuíu a popularizar a informática nos 70 co seu Apple II e nos 80 co Macintosh. Na actualidade posúe o 5% do mercado mundial dos ordenadores.

Inicio (1976-1980)

[editar | editar a fonte]
Apple I, primeiro produto de Apple, foi vendido como unha placa de circuíto montado e carecían das características como un teclado, monitor e caixa. O propietario desta unidade engadiu un teclado e a caixa de madeira.

Apple fundouse o 1 de abril de 1976 por Steve Jobs, Steve Wozniak e Ronald Wayne, para vender o Apple I un kit de ordenador persoal. Os kits foron feitos a man por Wozniak e amosados por primeira vez ao público no Homebrew Computer Club. O Apple I foi vendido como unha placa base (con CPU, RAM, e os chips básicos), menos do que se considera actualmente unha computadora persoal completa. O Apple I saíu á venda en xullo de 1976 e vendíase por un prezo de 666,66 dólares (equivalentes a 2.723 dólares de 2012, axustado pola inflación). O Apple I, foi o primeiro produto de Apple, foi vendido como unha placa de circuíto montado e carecía das características básicas como un teclado, monitor e caixa. O propietario da unidade engadía un teclado e unha caixa de madeira.

Apple foi presentado o 3 de xaneiro de 1977 sen Wayne, que vendera a súa parte da empresa de novo a ​​Jobs e Wozniak por 800 dólares. O multi millonario Mike Markkula proporcionou a súa experiencia empresarial esencial e a financiamento de 250.000 dólares para incorporarse a Apple.

O Apple II foi presentado o 16 de abril de 1977 na primeira Feira de Informática da Costa Oeste. Diferenciábase dos seus principais rivais, o TRS-80 e o Commodore PET, xa que viña con gráficos e caracteres en cor e unha arquitectura aberta. Namentres que os primeiros modelos utilizaban cintas de casete ordinarias como dispositivos de almacenamento, que foron superados pola introdución dunha disqueteira de 5 1/4 polgadas.

O Apple II foi elixido para ser a plataforma de escritorio para a primeira aplicación comercial do mundo dos negocios o VisiCalc, programa como folla de cálculo. VisiCalc creou un mercado de negocio para o Apple II, e déuselles aos usuarios domésticos unha razón adicional para mercar un Apple II a compatibilidade coa oficina. De acordo con Brian Bagnall, Apple exaxeraba as súas cifras de vendas e foise distanciando en terceiro lugar de Commodore e Tandy ata que VisiCalc chegou.

A finais da década de 1970, Apple tiña un cadro de deseñadores de computadoras e unha liña de produción. A compañía presentou o fracasado Apple III en maio de 1980 nun intento de competir con IBM e Microsoft no negocio e mercado da informática empresarial.

Jobs e varios empregados de Apple incluíndo Jef Raskin visitaron Xerox PARC en decembro de 1979 para ver o ordenador Xerox Alto. Xerox deulles acceso tres días ás instalacións de PARC, a cambio de accións. Jobs convenceuse inmediatamente de que tódolos ordenadores do futuro empregarían unha interface gráfica de usuario (GUI) como o que tiña Xerox e que desenvolveu para o novo Apple Lisa.

En 1980, Apple saíu a bolsa, o que xerou máis capital que calquera saída a bolsa desde que Ford Motor Company en 1956 e de inmediato a creación de máis millonarios (ao redor de 300) que calquera outra compañía na historia.

O formato máis usado como nativo por Apple é .ipa

Boot Camp

[editar | editar a fonte]
Apple III Computer.
iMac con procesador Intel.

Boot Camp é unha aplicación que permite instalar e manexar Windows nas computadoras de Apple. Este programa só funciona nos ordenadores Mac con procesador de Intel.

A versión final de Boot Camp está dispoñible dende a saída ao mercado do sistema operativo de Apple, Mac OS X Leopard. A aplicación Boot Camp atópase en todas as instalacións de Leopard en /Aplicacións/Utilidades e a través dun asistente gráfico, os usuarios poden instalar Windows XP ou Vista e logo reiniciar o ordenador para escoller se queren comezar con Mac OS X ou Windows XP ou Vista.

É posible que Apple gañe máis cota do mercado con este movemento, por iso cambiou os procesadores Intel, xa que hai usuarios que estarían dispostos a cambiarse a Mac se puidesen arrancar Windows.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]