MacBook Pro
MacBook Pro | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | serie de modelos e serie de modelos de ordenadores ![]() |
Subclase de | portátil, Família MacBook (pt) ![]() ![]() |
Epónimo | MacBook ![]() |
Produción | |
Fabricante | Apple, Foxconn e PEGATRON (pt) ![]() ![]() |
Características | |
Sistema operativo | macOS ![]() |
Procesador | Intel Core, Core 2 Duo (pt) ![]() ![]() |
Fonte de enerxía | batería de polímero litio ![]() |
Datas | |
Publicación | 10 de xaneiro de 2006 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Apple ![]() |
Cronoloxía | |
Composto por | |
Composto por
| |
Contacto | |
Páxina WEB | apple.com… ![]() |
[ Wikidata ] |
MacBook Pro é unha liña de computadoras portátiles de alto rendemento de Apple Inc., orientado ós usuarios profesionais. É o sucesor do modelo PowerBook G4. É a primeira liña de produtos da empresa en incluír procesadores Intel, e foi presentada na feira tecnolóxica MacWorld o día 10 de xaneiro de 2006.
Do novo MacBook Pro, é 4 veces máis rápido que o último PowerBook G4, leva dentro un microprocesador Intel Core 2 Duo de ata 2,6 GHz. Además, incorpora unha videocámara iSight e a aplicación de contidos dixitais Front Row, orixinalmente introducidos para o modelo iMac.
Incorpora tamén as últimas actualizacións do PowerBook G4, como un teclado retroiluminado, sensor de iluminación para axustar automaticamente o brillo da pantalla e o teclado, a pantalla de resolución XVGA (VGA Extra) e ademais ten novas funcións como o MagSafe, que magneticamente desconecta o cable de electricidade cando este é arrincado ou separado, evitando que se poida caer o MacBook Pro. Todos os Macbook Pro inclúen sensores de movemento que permiten deter o disco duro en caso de caída, evitando así unha perda de datos.
MacBook Pro Retina
[editar | editar a fonte]Unha MacBook Pro nova de terceira xeración foi presentada o 11 de xuño de 2012, na Apple Worldwide Developers Conference de San Francisco, promocionada como a "MacBook Pro con pantalla Retina" para diferenciala dos modelos actualizados da xeración anterior lanzados o mesmo día.[1] O novo modelo inclúe procesadores Intel Core i7 (Ivy Bridge) xunto con portos USB 3.0 integrados, e unha pantalla Retina de 15.4" de alta resolución, 2880x1800 pixeles. Outras características novas ou modificadas inclúen un porto Thunderbolt secundario, porto HDMI, e un porto MagSafe mais delgado, chamado 'MagSafe 2'.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Apple announces next-generation 15-inch MacBook Pro with Retina display, ships today for $2,199". The Verge (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MacBook Pro |