Lingua naskapi
| Lingua naskapi | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||
|
Dialecto de
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
A lingua naskapi (tamén coñecida como ᐃᔪᐤ ᐃᔨᒧᐅᓐ ᐃᔨᒧᐅᓐ/Iyuw Iyimuun) é unha lingua algonquina falada polo pobo naskapi no Quebec e Labrador, no Canadá.[1] A súa forma escrita é o silabario cree. O termo naskapi utilízase principalmente para referirse á lingua das persoas que viven no interior do Quebec e Labrador ou arredor de Kawawachikamach, Quebec. O naskapi é un continuo dialectal que ten moitas características lingüísticas en común co dialecto setentrional do cree oriental,[2] e tamén comparte moitos elementos léxicos coa lingua innu-aimun. Segundo datos do censo de 2016 tiña 1.230 falantes.[3] O naskapi está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]
Aínda que hai unha relación lingüística e cultural moito máis estreita entre o naskapi e o innu que entre o naskapi e outras comunidades lingüísticas cree, o naskapi segue sendo único e distinto de todas as outras variedades lingüísticas da península do Quebec-Labrador.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lewis, M. Paul (ed.), 2009. Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International.
- ↑ Hammarström, Harald; Forkel, Robert; Haspelmath, Martin; Bank, Sebastian (2022-05-24). "Cree-Montagnais-Naskapi". Glottolog. Max Planck Institute for Evolutionary Anthropology. Arquivado dende o orixinal o 2022-10-15. Consultado o 2022-10-29.
- ↑ "Language Highlight Tables, 2016 Census - Aboriginal mother tongue, Aboriginal language spoken most often at home and Other Aboriginal language(s) spoken regularly at home for the population excluding institutional residents of Canada, provinces and territories, 2016 Census – 100% Data". www12.statcan.gc.ca (en inglés). Government of Canada, Statistics. Consultado o 2017-11-23.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |

