UNESCO
| UNESCO | |
|---|---|
Bandeira | |
|
Instancia de
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Cargo dirixente
| |
|
Matriz
| |
|
Presidente/a
Khaled al-Anani 6 de outubro de 2025
Audrey Azoulay 15 de novembro de 2017 - 6 de outubro de 2025 Irina Bokova 2009 - 2017 Koichiro Matsuura 1999 - 2009 Federico Mayor Zaragoza 1987 - 1999 Amadou-Mahtar M'Bow 1974 - 1987 René Maheu 1962 - 1974 Vittorino Veronese 1958 - 1961 Luther Evans 1953 - 1958 John Wilkinson Taylor 1952 - 1953 Jaime Torres Bodet 1948 - 1952 Julian Huxley 1946 - 1948 | |
|
Número de membros
| |
|
En sociedade con
| |
|
Ten en propiendade
| |
|
Membro de
| |
|
Entidades subsidiarias
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Substitúe a
| |
| Premios | |
|
Premios
Premios Peabody (1958) | |
|
Outorga
| |
| Localización | |
|
Enderezo
| |
|
Sede
| |
|
Área de operación
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata C:Commons |
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture)[1] é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura.[2][3] Ten 194 estados membros e 12 membros asociados,[4] así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado.[5] A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo[6] e 199 comisións nacionais[7] que facilitan o seu mandato global.
A UNESCO fundouse en 1945 como sucesora do Comité Internacional de Cooperación Intelectual da Sociedade de Nacións.[8] A súa constitución estabelece os obxectivos da axencia, a estrutura de goberno e o marco operativo.[9] A misión fundacional da UNESCO, que foi moldeada pola segunda guerra mundial, é promover a paz, o desenvolvemento sustentábel e os dereitos humanos facilitando a colaboración e o diálogo entre as nacións.[9] Persegue estes obxectivos a través de cinco grandes áreas do programa: educación, ciencias naturais, ciencias sociais, cultura e comunicación. A UNESCO patrocina proxectos que melloran a alfabetización, proporcionan formación técnica e educación, fomentan a ciencia, protexen os medios independentes e a liberdade de prensa, preservan a historia rexional e cultural e promoven a diversidade cultural.[10][11][12]
Como centro de coordinación da cultura e da ciencia mundiais, as actividades da UNESCO foron ampliándose ao longo dos anos; axuda na tradución e difusión da literatura mundial, axuda a establecer e asegurar o Patrimonio da Humanidade cultural e natural, traballa para tender unha ponte entre a fenda dixital mundial, e crea sociedades do coñecemento inclusivas mediante a información e a comunicación.[13] A UNESCO lanzou varias iniciativas e movementos globais, como "Educación para Todos", para seguir avanzando nos seus obxectivos fundamentais.
A UNESCO está rexida pola Conferencia Xeral, integrada por estados membros e membros asociados, que se reúne semestralmente para fixar os programas e o orzamento da axencia. Tamén elixe os membros do consello executivo, que xestiona o traballo da UNESCO, e nomea cada catro anos un director xeral, que exerce como administrador xefe da UNESCO. A UNESCO é membro do Grupo das Nacións Unidas para o Desenvolvemento,[14] unha coalición de axencias e organizacións da ONU destinadas a cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel.
Características
[editar | editar a fonte]Dedícase a orientar ós pobos nunha xestión máis eficaz do seu propio desenvolvemento, a través dos recursos naturais e os valores culturais, e coa finalidade de modernizar e facer progresar ás nacions do mundo, sen que por iso se perdan a identidade e a diversidade cultural. A UNESCO ten vocación pacifista, e entre varias cousas oriéntase moi particularmente a apoiar a alfabetización. Na educación, este organismo asigna prioridade ao logro da educación elemental adaptada ás necesidades actuais. Colabora coa formación de docentes, planificadores familiares e vivenda, administradores educativos e alenta a construción de escolas e a dotación de equipo necesario para o seu funcionamento.
As actividades culturais buscan a salvagarda do patrimonio cultural mediante o estímulo da creación e a creatividade e a preservación das entidades culturais e tradicións orais, así coma a promoción dos libros e da lectura[15]. En materia de información, a UNESCO promociona a libre circulación de ideas por medios audiovisuais, fomenta a liberdade de prensa e a independencia, o pluralismo e a diversidade dos medios de información, mediante o "Programa Internacional para a Promoción da Comunicación".
Historia
[editar | editar a fonte]
A UNESCO ten as súas raíces en 1942, durante a segunda guerra mundial, cando os países aliados comezan a prepararse para restablecer os seus sistemas educativos en canto remate a guerra. Na Conferencia de Ministros Aliados de Educación (Conference of Allied Ministers of Education, CAME), no Reino Unido, inícianse as conversacións entre países europeos[16].
Como resultado, prepárase unha conferencia das Nacións Unidas para temas de educación e cultura, do 1 ao 16 de novembro de 1945. Reúnense corenta e catro países, dos cales trinta e sete deciden fundar a UNESCO. A constitución da UNESCO asínase o 16 de novembro, e vinte estados ratifícana un ano despois, o 4 de novembro de 1946 (Arabia Saudita, Australia, o Brasil, o Canadá, Checoslovaquia, China, Dinamarca, Exipto, Estados Unidos de América, Francia, Grecia, India, Líbano, México, Noruega, Nova Zelandia, República Dominicana, Reino Unido, Suráfrica e Turquía). Poucos días despois iníciase a primeira Conferencia Xeral da UNESCO, en París.
Segundo se van normalizando as relacións internacionais rotas pola segunda guerra mundial, vanse incorporando máis países. Así, o Xapón e a República Federal Alemá entran en 1951, España en 1953, a URSS en 1956 e os países africanos xurdidos na descolonización de África durante a década dos sesenta do século XX.
En 1957, por primeira vez un país membro abandona a UNESCO: o goberno de Suráfrica alega "interferencias" da UNESCO nos seus "problemas raciais". En 1996, con Nelson Mandela como presidente, Suráfrica volveu incorporarse á UNESCO[17].
Durante a X Conferencia Xeral da UNESCO celebrada en París en 1958, acórdase crear un "Centro Latinoamericano de Estudos Superiores de Xornalismo"[18]. A iniciativa contou co apoio do Goberno e a Universidade Central de Ecuador, os cales o 9 de outubro de 1959 asinaron, xunto coa UNESCO, un acordo tripartito para a fundación e radicación en Ecuador de dito Centro, que hoxe leva o nome de Centro Internacional de Estudios Superiores de Comunicación para América Latina ou CIESPAL[19].
O 3 de novembro de 1958 inaugúrase a sede principal no número 7 da praza de Fontenoy, en París. A súa planta ten forma de Y. Os planos foron deseñados polos arquitectos Marcel Breuer, Pier Luigi Nervi e Bernard Zehrfuss e aprobados por un comité internacional de cinco membros: Lúcio Costa, Walter Gropius, Le Corbusier, Sven Markelius e Ernesto Rogers. Tamén foi consultado Eero Saarinen.
En 1960 lánzase o primeiro proxecto de grandes dimensións: a protección do templo de Abu Simbel e outros 21 monumentos e complexos arquitectónicos en Exipto, ameazados pola construción do encoro de Asuán.
En 1985, Estados Unidos abandona a UNESCO alegando diferenzas en temas de xestión; o Reino Unido e Singapur tamén a abandonaron en 1986. Isto fixo que o orzamento diminuíra considerabelmente durante os anos seguintes. Os tres países reincorporáronse posteriormente (en 2003, 1997 e 2007 respectivamente).
Órganos reitores
[editar | editar a fonte]Os órganos reitores da UNESCO son a Conferencia Xeral e o Consello Executivo[20].
A Conferencia Xeral
[editar | editar a fonte]A Conferencia Xeral está formada por representantes de todos os Estados membros da organización. Reúnese cada dous anos, coa participación dos estados membros e dos membros asociados.Cada estado membro ten un voto, independentemente de cal sexa a súa achega ao orzamento da organización.
Tamén se invita a participar, en calidade de observadores, a Estados non membros, organizacións intergobernamentais, organizacións non gobernamentais e fundacións.
A Conferencia Xeral determina a orientación e a liña de actuación xeral da UNESCO. Decide o Programa e o orzamento da UNESCO para os dous anos seguintes. Elixe aos membros do Consello Executivo e designa, cada catro anos, ao Director Xeral.
Os idiomas de traballo da Conferencia Xeral son inglés, árabe, chinés, español, francés e ruso.
O Consello Executivo
[editar | editar a fonte]O Consello Executivo, á unha sorte de consello de administración da UNESCO. Prepara o traballo da Conferencia Xeral e vela porque as decisións se executen axeitadamente.
As funcións e responsabilidades do Consello Executivo emanan da Constitución e dos regulamentos ou directivas establecidos pola Conferencia Xeral. Este regulamento complementase coas resolucións da Conferencia Xeral. Cada dous anos, a Conferencia Xeral encarga tarefas específicas ao Consello. Outras atribucións emanan de acordos asinados entre a UNESCO e a ONU, as institucións especializadas e outras organizacións intergobernamentais.
Os seus 58 membros son escollidos pola Conferencia Xeral. A selección respecta a diversidade de culturas e a orixe xeográfica que representa cada país; trátase de acordos complexos para lograr que haxa equilibrio entre as diversas rexións do mundo, e reflectir a universalidade da organización. O Consello Executivo reúnese dúas veces no ano.
Directores Xerais da UNESCO
[editar | editar a fonte]En xuño de 2013, eran 11 os directores xerais da UNESCO dende a súa creación: nove homes e dúas mulleres. Os 11 directores xerais da UNESCO proceden de seis rexións da organización: Europa Occidental (5), América Central (1), América do Norte (2), África Occidental (1), Asia Oriental (1) e Europa Oriental (1).
Ata a data, non houbo ningún director xeral elixido das dez rexións restantes da UNESCO: sueste asiático, sur de Asia, Asia central e do norte, Oriente Medio, norte de África, África oriental, África central, Suráfrica, Australia-Oceanía e Suramérica.
A lista dos directores xerais da UNESCO dende a súa creación en 1946 é a seguinte:[21]
| Imaxe | Nome | Nacionalidade | Período | |
|---|---|---|---|---|
| 1. | Julian Huxley | 1946–1948 | ||
| 2. | Jaime Torres Bodet | 1948–1952 | ||
| 3. | John Wilkinson Taylor | 1952–1953 | ||
| 4. | Luther Evans | 1953–1958 | ||
| 5. | Vittorino Veronese | 1958–1961 | ||
| 6. | René Maheu | 1961–1974 | ||
| 7. | Amadou-Mahtar M'Bow | 1974–1987 | ||
| 8. | Federico Mayor Zaragoza | 1987–1999 | ||
| 9. | Koichiro Matsuura | 1999–2009 | ||
| 10. | Irina Bokova | 2009-2017 | ||
| 11. | Audrey Azoulay | 2017-presente |
Conferencia Xeral
[editar | editar a fonte]Esta é a lista das sesións da Conferencia Xeral da UNESCO celebradas dende 1946:[22]
| Sesión | Localización | Ano | Presidida por | Dende |
|---|---|---|---|---|
| 1ª | París | 1946 | Léon Blum | |
| 2ª | Cidade de México | 1947 | Manuel Gual Vidal | |
| 3ª | Beirut | 1948 | Hamid Bey Frangie | |
| 1ª extraordinaria | París | 1948 | ||
| 4ª | París | 1949 | Edward Ronald Walker | |
| 5ª | Florencia | 1950 | Stefano Jacini | |
| 6ª | París | 1951 | Howland H. Sargeant | |
| 7ª | París | 1952 | Sarvepalli Radhakrishnan | |
| 2ª extraordinaria | París | 1953 | ||
| 8ª | Montevideo | 1954 | Justino Zavala Muniz | |
| 9ª | Nova Deli | 1956 | Abul Kalam Azad | |
| 10ª | París | 1958 | Jean Berthoin | |
| 11ª | París | 1960 | Akale-Work Abte-Wold | |
| 12ª | París | 1962 | Paulo de Berrêdo Carneiro | |
| 13ª | París | 1964 | Norair Sisakian | |
| 14ª | París | 1966 | Bedrettin Tuncel | |
| 15ª | París | 1968 | William Eteki Mboumoua | |
| 16ª | París | 1970 | Atilio Dell'Oro Maini | |
| 17ª | París | 1972 | Toru Haguiwara | |
| 3ª extraordinaria | París | 1973 | ||
| 18ª | París | 1974 | Magda Jóború | |
| 19ª | Nairobi | 1976 | Taaita Toweett | |
| 20ª | París | 1978 | Napoléon LeBlanc | |
| 21ª | Belgrado | 1980 | Ivo Margan | |
| 4ª extraordinaria | París | 1982 | ||
| 22ª | París | 1983 | Saïd Tell | |
| 23ª | Sofía | 1985 | Nikolai Todorov | |
| 24ª | París | 1987 | Guillermo Putzeys Alvarez | |
| 25ª | París | 1989 | Anwar Ibrahim | |
| 26ª | París | 1991 | Bethwell Allan Ogot | |
| 27ª | París | 1993 | Ahmed Saleh Sayyad | |
| 28ª | París | 1995 | Torben Krogh | |
| 29ª | París | 1997 | Eduardo Portella | |
| 30ª | París | 1999 | Jaroslava Moserová | |
| 31ª | París | 2001 | Ahmad Jalali | |
| 32ª | París | 2003 | Michael Omolewa | |
| 33ª | París | 2005 | Musa Bin Jaafar Bin Hassan | |
| 34ª | París | 2007 | Georgios Anastassopoulos | |
| 35ª | París | 2009 | Davidson Hepburn | |
| 36ª | París | 2011 | Katalin Bogyay | |
| 37ª[23] | París | 2013 | Hao Ping | |
| 38ª | París | 2015 | Stanley Mutumba Simataa[24] | |
| 39ª | París | 2017 | Zohour Alaoui[25] | |
| 40ª | París | 2019 | ||
| 41ª[27] | París | 2021 | Santiago Irazabal Mourão | |
| 42ª[28] | París | 2021 | Simona Miculescu |
Críticas á UNESCO
[editar | editar a fonte]Nova Orde Mundial da Información e a Comunicación
[editar | editar a fonte]A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura foi fortemente criticada ó longo da súa historia. Os críticos acúsana de tomar posicións contrarias á liberdade de prensa e de mercados, en particular pola iniciativa New World Information and Communication Order que recoñecía o dereito dos estados a censurar á prensa. A UNESCO foi percibida como unha plataforma para que os comunistas e os ditadores do Terceiro Mundo atacasen Occidente, en contraste coas acusacións feitas pola URSS a finais da década de 1940 e principios da de 1950.[29] En 1984 os Estados Unidos abandonaron a organización en protesta, seguido polo Reino Unido en 1985.[30] Singapur tamén se retirou a finais de 1985, alegando o aumento das cotas dos membros.[31] Tras un cambio de goberno en 1997, o Reino Unido volveu unirse. Os Estados Unidos volveron unirse en 2003, seguidos de Singapur o 8 de outubro de 2007.[32]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "UNESCO". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2025.
- ↑ "Introducing UNESCO". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2011. Consultado o 8 de agosto de 2011.
- ↑ "UNESCO history". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2010. Consultado o 23 de abril de 2010.
- ↑ "List of UNESCO members and associates". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2022. Consultado o 23 de agosto de 2022.
- ↑ "Partnerships". UNESCO (en inglés). 25 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ "Field offices". UNESCO (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ "National Commissions". UNESCO (en inglés). 28 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ Grandjean, Martin (2018). Les réseaux de la coopération intellectuelle. La Société des Nations comme actrice des échanges scientifiques et culturels dans l'entre-deux-guerres [The Networks of Intellectual Cooperation. The League of Nations as an Actor of the Scientific and Cultural Exchanges in the Inter-War Period]. Lausanne: Université de Lausanne. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2018. Consultado o 5 de abril de 2019. (English summary Arquivado 22 de marzo de 2019 en Wayback Machine.).
- ↑ 9,0 9,1 "UNESCO. General Conference, 39th, 2017 [892]". unesdoc.unesco.org. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ "MOFA: Project list of The UNESCO Japanese Funds-in-Trust for the Capacity-building of Human Resources". www.mofa.go.jp. Consultado o 2022-06-30.
- ↑ "Sponsors". www.climats-bourgogne.com. Consultado o 2022-06-30.
- ↑ "Sponsors and Contributors". www.wcrp-climate.org. Consultado o 2022-06-30.
- ↑ "UNESCO • General Conference; 34th; Medium-term Strategy, 2008–2013; 2007" (PDF). Arquivado (PDF) dende o orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 8 de agosto de 2011.
- ↑ "UNDG Members". United Nations Development Group. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 8 de agosto de 2010.
- ↑ Revista Tips de Educación, ed. (24/4/2014). "Leyendo en la Era móvil por UNESCO" (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015.
- ↑ UNESCO (ed.). "The Organization's history". Consultado o 21 de setembro de 2015.
- ↑ UNESCO (ed.). "Fechas clave en la historia de la UNESCO". Consultado o 21 de setembro de 2015.
- ↑ "Conferencia General. Décima Reunión, París 1958. Resoluciones" (PDF) (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015.
- ↑ "Mundo CIESPAL". ciespal.org (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015.
- ↑ UNESCO (ed.). "Órganos rectores de la UNESCO" (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015.
- ↑ UNESCO official site: Directors-General Arquivado 18 de xullo de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ UNESCO official site: Previous Sessions of the General Conference Arquivado 25 de outubro de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ "General Conference 37th | United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization". www.unesco.org. Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2015.
- ↑ "President of the 38th session of the General Conference". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015.
- ↑ "President of the 39th session of the General Conference". UNESCO. 5 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 12 de novembro de 2017.
- ↑ "UNESCO: President of the 40th session of the General Conference". 14 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2020.
- ↑ "41st Session of the General Conference - 9-24 November 2021". UNESCO. 1 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2021. Consultado o 6 de outubro de 2021.
- ↑ "Address by Ms Simona Mirela Miculescu". 13 de novembro de 2023.
- ↑ Grahm, S. E. (abril de 2006). "The (Real)politiks of Culture: U.S. Cultural Diplomacy in UNESCO, 1946–1954". Diplomatic History 30 (2): 231–51. doi:10.1111/j.1467-7709.2006.00548.x. hdl:1885/20736.
- ↑ UNESCO asks states considering withdrawal to 'reconsider their position'. UN Chronicle. xaneiro de 1986. Arquivado dende o orixinal o 9 de febreiro de 2022. Consultado o 2 de abril de 2018.
- ↑ "Singapore to withdraw from UNESCO". The Telegraph. 28 de decembro de 1984. Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015.
- ↑ "UNESCO". Encyclopædia Britannica. 14 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2018. Consultado o 2 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: UNESCO |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Nacións Unidas
- Patrimonio da Humanidade
- Reserva da Biosfera
- Lista de sitios do Patrimonio Mundial por ano de inscrición
- Patrimonio da Humanidade na UE
- Escolas asociadas á UNESCO
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Samuel Boussian, Mathias Gardet, Martine Ruchat : L'internationale des républiques d'enfants 1939 - 1955, 2020, éd. Anamorasa, ISBN 979-10-95772-95-8, Présentation
- Finnemore, Martha. 1993. "International Organizations as Teachers of Norms: The United Nations Educational, Scientific, and Cutural [sic] Organization and Science Policy." International Organization Vol. 47, No. 4 (Autumn, 1993), pp. 565–597
- Maurel, Chloé. L'Unesco de 1945 à 1974, thèse de doctorat d'histoire contemporaine, Université Paris 1, 2005-2006, consultable intégralement en ligne le site d'archives ouvertes.