James Batcheller Sumner
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de novembro de 1887 Canton, Estados Unidos de América (pt) |
| Morte | 12 de agosto de 1955 Buffalo, Estados Unidos de América |
| Lugar de sepultura | Canton Corner Cemetery (en) |
| Educación | Facultade de Medicina Harvard Universidade Libre de Bruxelas Universidade de Estocolmo Roxbury Latin School (en) |
| Director de tese | Otto Folin |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Bioquímica |
| Ocupación | bioquímico, químico, virólogo, profesor universitario |
| Empregador | Universidade Cornell Worcester Polytechnic Institute (en) |
| Membro de | |
| Interesado en | Química |
| Obra | |
| Doutorando | Theodore Sourkes (en) |
| Familia | |
| Pais | Charles Sumner |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Самнер Джеймс Бетчеллер) Obálky knih, Enciclopedia soviética armenia, volume 10, (p.157) |
James Batcheller Sumner, nado o 19 de novembro de 1887 en Canton (Estados Unidos) e finado o 12 de agosto de 1955 en Buffalo (USA), foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1946.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou química na Universidade Harvard, onde se licenciou en 1910. En 1912 iniciou os seus estudos de bioquímica en Harvard, onde se licenciou en 1914. Entre 1914 e 1929 foi profesor de bioquímica en Harvard, e entre 1929 e 1955 foi catedrático na Universidade Cornell.
Summer recibiu un disparo do seu compañeiro estando de caza aos 17 anos e a consecuencia o seu brazo esquerdo tivo que ser amputado debaixo do cóbado.
Sumner faleceu de cancro o 12 de agosto de 1955 na súa residencia de Buffalo, situada no estado de Nova York.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Iniciou as súas investigacións no illamento dos encimas na súa forma pura, un feito que nunca se puido conseguir, e que realizou durante as súas estancias en Bruxelas (1921 e 1922), Estocolmo (1929) e Uppsala (1937-1938), nesta última cidade sueca á beira do Premio Nobel Theodor Svedberg. Tras atoparse con moitos fracasos, en 1926 conseguiu illar e cristalizar os encimas grazas á urease.
En 1946 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polo descubrimento da cristalización de encimas. A outra metade do premio foi compartida polos químicos estado unidenses John Howard Northrop e Wendell Meredith Stanley.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1936 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
| Predecesor: Artturi Ilmari Virtanen |
Premio Nobel de Química 1945 compartido con John Howard Northrop e Wendell Meredith Stanley |
Sucesor: Robert Robinson |