Dagoberto III
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 698 valor descoñecido |
| Morte | 715 (Gregoriano) valor descoñecido |
| Rei dos francos | |
| 711 – 715 ← Khildeberto III – Khilperico II, Clotario IV → | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Outro | |
| Título | Rei dos francos (711–715) |
| Familia | Dinastía Merovinxia |
| Fillos | Teodorico IV, Rei franco |
| Pai | Khildeberto III |
| Irmáns | Rithilde |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Dagoberto III, nado cara ao 699 e finado en 715, foi o rei dos francos desde 711 ata 715. Era fillo de Khildeberto III e a súa muller Edonne.
Todos os reinos francos (Neustria, Austrasia, e Borgoña) foran unidos desde a vitoria do mordomo de palacio Pipino de Heristal en Tertry en 687 cando Dagoberto sucedeu ao trono á idade de doce anos. Dagoberto foi unha marioneta do mordomo ata o morte de Pipino en 714. Había unha disputa entre os herdeiros de Pipino e os nobres de Neustria encargados de escoller os mordomos de palacio.
Mentres a atención se centraba en combater aos frisios no norte, algunhas áreas da Galia meridional empezaron un proceso de secesión: Savarico, o combativo bispo de Auxerre, en 714 e 715 subxugou Orleáns, Nevers, Avallon e Tonerre pola súa propia conta; e Eudo en Toulousse e Antenor na Provenza eran de feito gobernantes independentes.

