Cariberto I
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 520 (Gregoriano) valor descoñecido |
| Morte | 567 (Gregoriano) Chelles, Francia |
| Rei dos francos | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Outro | |
| Título | Rei dos francos (561–567) |
| Familia | Dinastía Merovinxia |
| Cónxuxe | Ingoberga Teutequilda Meroflede Marcova |
| Fillos | Berteflede ( Clothilde ( Cariberto de Hesbaye ( Berta de Kent ( |
| Pais | Clotario I |
| Irmáns | Chram Khilperico I Gontrán Sixeberto I de Austrasia Gundoaldo Clodosvinda |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Cariberto I, nado c. 521 e finado en París en 567, foi rei de París de 561 a 567.
Xenealoxía
[editar | editar a fonte]Fillo de Clotario I e da súa primeira esposa Ingunda.
Biografía
[editar | editar a fonte]Clotario I reunificara con traballo o reino franco de Clodoveo I. Á súa morte, o reino foi dividido novamente entre os seus catro fillos.
- Cariberto I recibiu o Reino de París.
- Neustria tocoulle a Khilperico I.
- Orleáns (Austrasia) a Sixeberto I.
- A Borgoña a Gontrán.
En 558, organizou unha expedición contra a rebelión de seu irmán Chram. Á morte de seu pai en 561, foi rei de París, e posuía o oeste da Galia. Fortunato loou a súa cultura en letra e en dereito. Casou con Inxeberga, coa que tivo dúas fillas. Despois abandonouna por dúas fillas dun artesán do obradoiro real: Merofleda e Marcova. Foi excomungado polo bispo Xermán de París despois da súa voda cunha relixiosa chamada Tibilda. En 566, nomeou o seu sobriño político Bertrand como bispo de Bordeos e casou a súa filla Berta co rei de Kent. Morreu o 5 de marzo de 567 en París.
| Francos | ||
|---|---|---|
Segue a: Cariberto I |
Cariberto I | Precede a: Clotario I |
| Merovinxios | ||
