Saltar ao contido

Sycamore Gap Tree

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sycamore Gap Tree

Tipoárbore monumental Editar o valor en Wikidata
Edificio adxacenteVallum Hadriani Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aNational Trust
Datas
Demolición28 de setembro de 2023 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
28 de setembro de 2023 felling (en) Traducir
Causado por: vandalismo Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 55°00′13″N 2°22′26″O / 55.00356, -2.37387
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsNordeste de Inglaterra
Condado cerimonialNorthumberland
AldeaHenshaw (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Premios
Wikidata ] C:Commons ]

O Sycamore Gap Tree ou, máis recentemente, árbore de Robin Hood era un sicómoro ou pradairo que se atopaba xunto á muralla de Hadrián preto de Crag Lough en Northumberland, Inglaterra. Este treito da muralla segue o bordo dun penedo, un afloramento do Whin Sill, e varias caídas bruscas nel provocadas polo derretemento das augas glaciares. A árbore, un exemplar de Acer pseudoplatanus duns centos de anos[1] estaba dentro dun destes mergullos (gap) co penedo e o muro elevándose drasticamente a cada lado. O muro e os terreos adxacentes, incluído o lugar da árbore, son propiedade do National Trust, que tamén lle puxo o nome.[2][3]

Era unha das árbores máis fotografadas do país, e moi popular para fotógrafos astronómicos. O seu nome alternativo derivou de aparecer nunha escena destacada da película de 1991 de Kevin Costner Robin Hood, príncipe dos ladróns. A árbore gañou o premio England Tree of the Year en 2016 e foi nomeada como Árbore Europea do Ano.[1] Foi talada e derrubada na madrugada do 28 de setembro de 2023 nun acto de vandalismo.[4] Ao parecer, foi cortada cunha motoserra, na base do seu tronco,[5] cunha liña branca pintada con aerosol xusto debaixo do corte.[6] A policía de Northumbria detivo un mozo de 16 anos acusado dun delito penal de danos.[7] Porén, outros homes adultos foron xulgados en 2025 por eses feitos.

En maio de 2025, dous homes, de 39 anos e 32 anos, foron declarados culpables de danar tanto a árbore como o tramo da muralla de Hadrián onde se atopaba. O tribunal de Newcastle considerou probado que talaron a árbore deliberadamente durante unha noite de temporal, filmando o acto e presumindo del posteriormente. A xuíza advertiu de que poderían enfrontarse a penas de prisión prolongadas. O caso provocou unha forte indignación pública e levou ao Woodland Trust a reclamar unha nova lexislación específica para a conservación de árbores senlleiras.[8]

  1. 1,0 1,1 "Tree of the year". www.treeoftheyear.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 2023-09-29. 
  2. "Famous Hadrian's Wall tree wins national competition". News and Star (en inglés). 2016-12-29. Consultado o 2023-09-29. 
  3. "Hadrian's Wall and Housesteads Fort". National Trust (en inglés). Consultado o 2023-09-29. 
  4. Alao, Lola Christina (2023-09-29). "Where is the Sycamore Gap and how old was the tree?". Evening Standard (en inglés). Consultado o 2023-09-29. 
  5. Vinter, Robyn; correspondent, Robyn Vinter North of England (2023-09-28). "Famous Sycamore Gap tree at Hadrian’s Wall found cut down". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-09-29. 
  6. Saunders, Tom Laurence Sleator; Adam Vaughan, Environment Editor; (2023-09-29). "Sycamore Gap tree at Hadrian’s Wall unlikely to regrow, say experts" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2023-09-29. 
  7. "Sycamore Gap: Boy, 16, arrested after Hadrian's Wall tree felled". BBC News (en inglés). 2023-09-28. Consultado o 2023-09-29. 
  8. Brown, Mark; correspondent, Mark Brown North of England (2025-05-09). "Two men found guilty of ‘mindless, moronic’ felling of Sycamore Gap tree". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-05-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]