Smaug
| Smaug | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Papel
| |||||||
|
Tipo personaxe
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Primeira aparición
| |||||||
|
Presente na obra
O hobbit
The Hobbit (en) Lego The Hobbit (en) The Hobbit (en) The Quest of Erebor The Lord of the Rings Online (pt) Creatures of Middle-earth (en) The Hobbit The Hobbit The Hobbit: The Battle of the Five Armies The Hobbit The Hobbit: The Desolation of Smaug Hobbit The Hobbit (en) Middle-Earth Strategy Battle Game (en) | |||||||
|
Universo ficticio
| |||||||
|
Creador/a
| |||||||
|
Inspirado en
| |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
|
Actor de dobraxe
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Lugar de nacemento
| |||||||
|
Data de nacemento
| |||||||
|
Lugar de falecemento
| |||||||
|
Circunstancias morte
| |||||||
|
Asasinado por
| |||||||
|
Sexo
| |||||||
|
Linguas faladas
| |||||||
|
Personalidade
| |||||||
|
Superpoder
| |||||||
| Actividade | |||||||
|
Inimigo/a
| |||||||
|
Residencia
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Smaug é un dragón que aparece no conto longo O Hobbit de J. R. R. Tolkien.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o último dos grandes dragóns que quedaban na Terra Media, quen ademais derrotou ós ananos da Montaña Solitaria, tomando o seu tesouro, que procurou resgardar ata a fin dos tempos.
Foi o dragón máis grande da Terceira Idade, era grande de cor vermella-dourada, con enormes ás de morcego e unha pel de impenetrables escamas de ferro. O seu único punto débil, o ventre, estaba case por completo protexido por un chaleco de pedras preciosas e ouro, incrustadas na súa pel tras xacer durante séculos sobre o tesouro do Reino Baixo a Montaña.
Dentro da aventura emprendida por Bilbo Bulseiro n'O Hobbit, Smaug convértese no último obstáculo que deberán superar para recuperar o magnífico tesouro pertencente a Thorin Escudo de Carballo, herdeiro do seu avó o Rei Baixo a Montaña, Thrór. O dragón Smaug o Dourado chegou desde as afastadas Montañas Grises, no norte da Terra Media, atraído polas inmensas riquezas que acumularan os ananos. Alí arrasou a cidade de Val, xunto á montaña e despois matou ou expulsou a tódolos ananos que se atopaban no interior da montaña. Durante dous séculos durmiu satisfeito sobre o seu tesouro no interior de Erebor ata que Bilbo e os ananos roubaron a chamada Pedra da Arca do seu tesouro, o que o enfureceu e o moveu a atacar de novo a cidade de Val. Bilbo e os ananos vense favorecidos tralo ataque emprendido por Bardo (que despois pasou a ser o primeiro rei de Val), quen remata por matar a Smaug cravándolle unha frecha negra na única parte do seu ventre núa de xoias.
Lagarto
[editar | editar a fonte]Baseándose no nome deste dragón déuselle nome científico a un xénero de lagartos africanos (ver Smaug (xénero)).