Simple Minds
| Simple Minds | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Composto por
| |||||
|
Selo discográfico
| |||||
|
Participaron en
| |||||
| Obra | |||||
|
Discografía
| |||||
| Datas | |||||
|
Inicio de actividade
| |||||
|
Data de fundación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||
Simple Minds é unha banda escocesa de rock band formada en Glasgow no ano 1977. O grupo editou unha serie de exitosos sinxelos, facéndose internacionalmente coñecido por "Don't You (Forget About Me)" (1985), que chegou ao número 1 da lista Billboard Hot 100 nos Estados Unidos. Outros sinxelos comercialmente exitosos foron "Glittering Prize" (1982), "Someone Somewhere in Summertime" (1982), "Waterfront" (1983) e "Alive and Kicking" (1985), así como o número 1 no Reino Unido "Belfast Child" (1989).
Simple Minds conseguiu cinco números 1 na lista británica de álbums,[1] Sparkle in the Rain (1984), Once Upon a Time (1985), Live in the City of Light (1987), Street Fighting Years (1989) e Glittering Prize 81/92 (1992); vendendo máis de 60 millóns de álbums.[2] Foi a banda escocesa máis exitosa dos anos 80.[3] Simple Minds tamén tivo un éxito considerable nas listas dos Estados Unidos, Australia, Alemaña, España, Italia e Nova Zelandia.[1] A pesar de varios cambios de persoal, o grupo continúa gravando e xirando.
En 2014 Simple Minds recibiu o premio Q Inspiration Award pola súa contribucións á industria musical e un Ivor Novello Award en 2016 á Mellor Colección de Cancións da Academia Británica de Compositores e Autores.[4] Outros recoñecementos destacables inclúen nomeacións a dous MTV Video Music Award por "Don't You (Forget About Me)" en 1985, unha nomeación a un Brit Award en 1986 e unha ao American Music Award en 1987.[5] "Belfast Child" foi nomeada a Canción do Ano nos Brit Awards de 1990.
O núcleo de Simple Minds está formado polos dous membros orixinais que quedan, Jim Kerr (voces) e Charlie Burchill (guitarra, teclados, saxofón e violín). Os outros membros actuais son Ged Grimes (baixo), Cherisse Osei (batería), Sarah Brown (coros), Gordy Goudie (guitarras e teclados) e Berenice Scott (teclados). Entre os seus ex-membros destacan Mick MacNeil (teclados), Derek Forbes (baixo), Brian McGee e Mel Gaynor (batería).[6]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Life in a Day | 1979 | Zoom Records, PVC |
| Real to Real Cacophony | 1979 | Zoom Records |
| Empires and Dance | 1980 | Zoom Records |
| Sons and Fascination | 1981 | Virgin Records |
| Sister Feelings Call | 1981 | Virgin Records |
| New Gold Dream (81–82–83–84) | 1982 | Virgin Records, A&M Records |
| Sparkle in the Rain | 1984 | Virgin Records, A&M Records |
| Once Upon a Time | 1985 | Virgin Records, A&M Records |
| Street Fighting Years | 1989 | Virgin Records, A&M Records |
| Real Life | 1991 | Virgin Records, A&M Records |
| Good News from the Next World | 1995 | Virgin Records |
| Néapolis | 1998 | Chrysalis Records |
| Our Secrets Are the Same | 2001 | Virgin Records |
| Neon Lights | 2001 | Eagle Records |
| Cry | 2002 | Eagle Records |
| Black & White 050505 | 2005 | Sanctuary Records |
| Graffiti Soul | 2009 | Sanctuary Records |
| Big Music | 2014 | Caroline International |
| Acoustic | 2016 | Caroline International |
| Walk Between Worlds | 2018 | BMG Rights Management |
| Direction of the Heart | 2022 | BMG Rights Management |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "History Of Simple Minds". SIMPLEMINDS.COM (en inglés). Consultado o 2022-11-05.
- ↑ "With the new album Walk Between Worlds arriving in stores this week, we caught up with Simple Minds frontman Jim Kerr for a chat...". HMV Store (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-05.
- ↑ British hit singles & albums. (19th ed ed.). London: Guinness World Records. 2006. p. 500. ISBN 978-1904994107. OCLC 64098209.
- ↑ "Simple Minds Win Ivor Novello Award". SIMPLEMINDS.COM (en inglés). 2016-05-19. Consultado o 2022-11-05.
- ↑ "Pop/Rock Band/Duo/Group Video Artist - Busca de Google". www.google.com. Consultado o 2022-11-05.
- ↑ The Virgin encyclopedia of popular music (Concise ed ed.). London: Virgin in association with Muze Inc. 1997. pp. 1088/9. ISBN 1-85227-745-9. OCLC 38189417.