Saltar ao contido

Silicon Graphics

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silicon Graphics

Tiponegocio e empresa Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicacorporación de Delaware Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Fundador/aJames H. Clark (pt) Traducir, Charles Kuta (pt) Traducir, Kurt Akeley, David J. Brown (pt) Traducir e Abbey Silverstone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriahardware Editar o valor en Wikidata
Entidades
Data
Fundación9 de novembro de 1981 Editar o valor en Wikidata
Disoluciónmaio de 2009 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeSunnyvale e Mountain View Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónCalifornia Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBsgi.com Editar o valor en Wikidata
RedesMusicbrainz: 603dc7ac-4be6-447c-9ef7-b29b8ab93237 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Silicon Graphics, Inc. (agora SGI ou Silicon Graphics International, historicamente coñecida como Silicon Graphics Computer Systems ou SGCS) foi unha empresa estadounidense de solucións informáticas de alto rendemento, incluíndo hardware e software. Era coñecida polas súas estacións de traballo de alto rendemento, que tiveron unha grande importancia no ámbito multimedia.

Características

[editar | editar a fonte]
Estación de traballo Octane

Foi o creador do sistema operativo IRIX, que funciona en máquinas cun procesador MIPS.

Os seus recursos tecnolóxicos foron empregados na produción de efectos visuais para a película Jurassic Park, de Steven Spielberg, e na produción do hardware para o videoxogo Nintendo64 de Nintendo.

Unha das películas máis coñecidas nas que se utilizaron ordenadores de Silicon Graphics foi Twister, onde os tornados creados artificialmente destruían silos de grans artificiais.

A estación de traballo Fuel de SGI pódese combinar con equipos de ultrasóns para crear imaxes tridimensionais do cerebro dos fetos mentres aínda están no útero da nai. As imaxes teñen unha excelente nitidez e precisión.

A sede da SGI estaba en Sunnyvale, California; foi orixinalmente constituída como unha corporación de California en novembro de 1981, e reincorporouse como unha corporación de Delaware en xaneiro de 1990. En maio de 2006, SGI solicitou protección por quebra baixo o Capítulo 11, Título 11 do Código dos Estados Unidos. En 2009 anunciou a venda dos seus activos a Rackable Systems,[1] un acordo finalizado o 11 de maio de 2009, con Rackable asumindo o nome de "Silicon Graphics International".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]