SVG
| SVG | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Subclase de
| |||||||||
|
Baseado en
| |||||||||
|
Influído por
| |||||||||
|
Uso
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Desenvolvedor
| |||||||||
|
Organismo de estandarización
| |||||||||
| Produción | |||||||||
|
Licenza
| |||||||||
| Características | |||||||||
|
Extensión de ficheiro
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
SVG (do inglés Scalable Vector Graphics, "Gráficos Vectoriais Escalábeis") é unha linguaxe XML que describe gráficos vectoriais bidimensionais, tanto estáticos como animados. Unha das características principais dos gráficos vectoriais é que non perden calidade ao seren ampliados. A grande diferenza entre o SVG e outros formatos vectoriais é que se trata dun estándar aberto creado polo Consorcio da Rede Mundial.
A creación deste formato baseouse noutros xa existentes e que inclúen CSS, DOM, JPEG, PNG, SMIL e XML.
Descrición
[editar | editar a fonte]O formato SVG permite tres tipos de obxectos gráficos:
- Formas xeométricas vectoriais (isto é, liñas e curvas descritas matematicamente, ao contrario das imaxes de mapas de bits, que están compostas por píxeles.
- Imaxes de mapas de bits.
- Texto
As imaxes en formato SVG poden ser comprimidas en gzip sen perda de datos, dado que o XML contén moitos datos redundantes, sendo mesmo así que o formato SVG é habitualmente menor que a versión en mapa de bits.

Programas para editar gráficos SVG
[editar | editar a fonte]- Inkscape, software libre
- Xara, software libre
- Adobe Illustrator
- Corel Draw