Ruhnama
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2014.) |
| Ruhnama | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Xénero
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Autor/a
| |||
| Publicación | |||
|
Data de publicación
| |||
|
Editorial
| |||
| Dimensión | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Wikidata C:Commons | |||

O Ruhnama (en galego: Libro da alma) é un libro de culto á personalidade do ditador turcomán Saparmyrat Nyýazow, falecido en decembro de 2006.
Características
[editar | editar a fonte]A obra é un tratado sobre a moral e civismo que mestura poesía con conceptos políticos. Ao principio foi introducido o primeiro volume lentamente na poboación no ano 2001 pero posteriormente volveríase lectura obrigada para tódolos alumnos das escolas e universidades de Turkmenistán, tanto nas materias de ciencia como a física e a química. Concibido polo ditador como unha guía espiritual, é tan importante que os funcionarios turcománs son examinados sobre o seu contido tódolos anos, e incluso os médicos teñen que xurar fidelidade ao presidente e ao seu libro antes de poder exercer a súa actividade.
Introduciríase un segundo volume no ano 2004.
Segundo aseguraba o propio Nyýazow, «aquel que lea tres veces o Ruhnama atopará riqueza espiritual, volverase máis intelixente e, ademais, irá directamente ao paraíso». Nyýazow consideraba a súa obra tan importante, que fixo que un foguete ruso puxese un exemplar en órbita arredor da terra, en 2005.