Reservoir Dogs
| Reservoir Dogs | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
cinema de asaltos
cinema de drama psicolóxico comedia negra cinema de aventuras cinema de suspense psicolóxico filme independente filme de misterio filme con analepse comedia dramática comedia policial filme de acción filme sobre crime filme de suspense filme de suspense cinema dramático cinema policial de suspense cinema de gánsteres cinema de drama policial Neo-noir | |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
|
Cor
| |||||
|
Formato de imaxe
| |||||
| Autoría | |||||
|
Director/a
| |||||
|
Guionista
| |||||
|
Director/a fotografía
| |||||
|
Editor/a de cine
| |||||
|
Actores
| |||||
| Temática | |||||
|
Ambientado en
| |||||
|
Obra derivada
| |||||
| Publicación | |||||
|
Data de publicación
8 de outubro de 1992 (Estados Unidos de América)
10 de setembro de 1992 (Alemaña) 9 de outubro de 1992 21 de xaneiro de 1992 | |||||
|
Produtor/a
| |||||
|
Produtor/a executivo
| |||||
|
Compañía produtora
| |||||
|
Distribuidor/a
| |||||
|
Recadación
| |||||
|
Custo
| |||||
|
Puntuación da crítica
81/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
90% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022) 8.9/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) | |||||
| Dimensión | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Reservoir Dogs é un filme estadounidense dirixido por Quentin Tarantino que se estreou en 1992. Pertence ó xénero neo-noir e suspense e conta os eventos anteriores e posteriores dun roubo de diamantes errado. Foi o primeiro filme do director e guionista Quentin Tarantino, e está protagonizado por Harvey Keitel, Tim Roth, Steve Buscemi, Chris Penn, Lawrence Tierney e Michael Madsen. Tarantino e Edward Bunker teñen papeis menores no filme. Incorpora moitos temas que se converteron en sinais de identidade do cine violento de Tarantino, como referencias da cultura popular, linguaxe vulgar e a narrativa non lineal.
O filme converteuse nun clásico de culto do cine independente.[1] Foi chamado o "Meirande Filme Independente de Tódolos Tempos" pola revista Empire. Reservoir Dogs foi polo xeral ben recibida, e o elenco de actores foi eloxiado por moitos críticos. Malia que non tivo moita promoción na súa estrea, tivo un éxito modesto nos Estados Unidos despois de recadar $2 832 029 sobre un orzamento de $1,2 millóns. Tivo máis éxito no Reino Unido, recadando preto de £6,5 millóns, acadando aínda máis popularidade despois do seguinte filme de Tarantino, Pulp Fiction. A banda sonora, titulada Reservoir Dogs: The Original Motion Picture Soundtrack, foi lanzada coas cancións empregadas no filme, que pertencen na súa maioría á década de 1970.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Unha banda organizada é contratada para atracar unha empresa e levar uns diamantes. Porén, antes de que soe a alarma, a policía xa está alí. Algúns membros da banda morren no enfrontamento coas forzas da orde, e os demais reúnense no lugar acordado.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Os Reservoir Dogs
- Harvey Keitel como Larry Dimmick / Sr. Branco
- Tim Roth como Freddy Newandyke / Sr. Laranxa
- Michael Madsen como Vic Vega / Sr. Loiro
- Chris Penn como "Nice Guy" Eddie Cabot
- Steve Buscemi como Sr. Rosa
- Lawrence Tierney como Joe Cabot
- Edward Bunker como Sr. Azul
- Quentin Tarantino como Sr. Marrón
- Outros personaxes
- Randy Brooks como Holdaway
- Kirk Baltz como Marvin Nash
- Rich Turner como Sheriff #1
- David Steen como Sheriff #2
- Tony Cosmo como Sheriff #3
- Stevo Poliy como Sheriff #4
- Michael Sottile como Teddy
- Robert Ruth como Policía disparado
- Lawrence Bender como Policía novo
- Linda Kaye como Muller golpeada
- Suzanne Celeste como Muller disparada
- Steven Wright (voz) como K-Billy DJ
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1992: Festival de Sitges: Mellor director e mellor guión.
- 1992: Festival de Toronto: Premio FIPRESCI.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tobias, Scott (18 de decembro de 2008). The A.V. Club, ed. "The New Cult Canon - Reservoir Dogs". The Onion. Consultado o 28 de agosto 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reservoir Dogs |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Reservoir Dogs na IMDb (en inglés).
- Ficha en TCM (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)