Red Bull é unha marca comercial de bebidas enerxéticas fundada por Dietrich Mateschitz.
En 1987 a empresa sacou ao mercado europeo unha nova bebida, abrindo o mercado ás bebidas enerxéticas. Entón xa existía no mercado Isostar, unha bebida enerxética para deportistas. Red Bull era unha nova bebida para a xente en xeral. Produtos similares xa existían no Xapón.