Proxecto GNU
Proxecto GNU | |
---|---|
![]() | |
Tipo | open-source project (en) ![]() ![]() |
Epónimo | GNU ![]() |
Parte de | comunidade de software livre (pt) ![]() ![]() |
Forma xurídica | organización sen ánimo de lucro ![]() |
Movemento | Movemento polo software de código aberto ![]() |
Coincidente | Free Software Foundation ![]() |
Composto por
| |
Persoas e organizacións | |
Fundador/a | Richard Stallman ![]() |
Mascota | GNU ![]() |
Afiliación | Free Software Foundation ![]() |
Patrocinador/a
| |
Actividade | |
Industria | industria de software ![]() |
Produtos
| |
Data | |
Fundación | 27 de setembro de 1983 ![]() |
Ligazóns | |
Páxina WEB | gnu.org ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O proxecto GNU é un proxecto informático que ten por finalidade a de desenvolver un sistema operativo completo baseado en UNIX utilizando unicamente software libre. Dito sistema operativo é GNU, e é o que lle dá nome ao proxecto.
Orixe
[editar | editar a fonte]O 27 de setembro de 1983 Richard Stallman anunciou publicamente o nacemento do proxecto no grupo de noticias net.unix-wizards
. Ao anuncio orixinal seguírono outros ensaios escritos por Stallman, coma o Manifesto GNU, que estableceron as súas motivacións para iniciar o proxecto, entre as que destaca «retornar o espírito de cooperación que prevaleceu nos tempos iniciais da comunidade de usuarios de computadoras».
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Para defender legalmente o software do seu sistema operativo, Stallman escribiu para o proxecto GNU unha licenza que asegurase que se recoñecerían non só os dereitos que debe fornecer ao usuario o software libre, senón tamén certas obrigas para asegurar que quen desenvolvese (cambiando ou mellorando) software libre baixo esta licenza tamén utilizase a mesma licenza para o resultado do seu traballo. Dita licenza chamouse GPL.
A continuación, Stallman comezou o desenvolvemento dun compilador de C, GNU C Compiler. Este compilador foi fundamental no desenvolvemento do software libre, posto que unha porcentaxe moi alta deste software está escrito en C.
O proxecto tamén comezou a desenvolver un kernel para o sistema GNU, GNU Hurd, pero na actualidade este kernel aínda non é funcional.
O proxecto seguiu e segue desenvolvendo aplicacións libres para o sistema operativo GNU.
Aplicacións desenvolvidas polo proxecto
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial de GNU (en inglés).