A arte (do latínars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos.
Louis Hector Berlioz, nado o 11 de decembro de 1803 en La Côte-Saint-André e finado o 8 de marzo de 1869 en París, foi un compositor e director de orquestrafrancés. Foi unha figura destacada no desenvolvemento do romanticismo. É especialmente coñecido pola súa Sinfonía fantástica, estreada en 1830, e o Réquiem, estreado en 1837, así como pola súa extraordinaria utilización da orquestra sinfónica, que incluía catro grupos de metais "antifonais". É considerado o primeiro músico romántico de Francia e o creador da instrumentación moderna. Co Grand traité de l'instrumentation et d'orchestration modernes (1844) influíu sobre as xeracións posteriores, e especialmente sobre os músicos rusos do Grupo dos Cinco. A música e a vida de Berlioz encarnan os ideais románticos máis que os de calquera outro compositor, excepto Liszt. A súa orixinal imaxinación, as súas concepcións grandiosas e a súa extraordinaria calidade para a orquestra achegaron unha nova cor á música. Berlioz, o primeiro gran compositor que non era intérprete, converteuse nun dos primeiros directores modernos, e nun crítico perspicaz. Separadamente da Sinfonía fantástica, as obras de Berlioz escoitáronse moi pouco ata a década de 1880, cando en Francia se recuperaron como antídoto contra Wagner. A partir de 1960 escoitouse moito a súa música, aínda que as dificultades loxísticas aínda impiden a interpretación normal dalgunhas das súas obras.
Fillo máis vello dun doutor de provincias, esperábase que Berlioz seguira os pasos de seu pai na medicina, e asistiu á escola de medicina parisiense antes de desafiar á súa familia ao adicarse á música como profesión. A súa mentalidade independente e o seu rexeitamento a seguir as regras e fórmulas tradicionais puxérono en desacordo co establecemento musical conservador de París. Moderou brevemente o seu estilo, o suficiente para gañar o máis importante premio musical de Francia – o Prix de Rome – en 1830, mais aprendeu pouco dos académicos do Conservatorio de París. A opinión estivo dividida durante moitos anos entre aqueles que o consideraban un xenio orixinal e os que consideraban que a súa música carecía de forma e coherencia. (Ler máis...)
Image 2
Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras. Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana. (Ler máis...)
Amy Jade Winehouse, nada en Londres, Inglaterra o 14 de setembro de 1983 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2011, máis coñecida simplemente como Amy Winehouse, foi unha cantante e compositora inglesa recoñecida polo seu alcance vocal contralto, descrito como "acusticamente poderoso" e capaz de expresar "profunda emoción", destacando pola mestura ecléctica de xéneros musicais, incluíndo soul (ás veces denominado como blue-eyed soul e neo soul), rhythm and blues, jazz e reggae.
O seu álbum de debut do ano 2003 Frank foi valorado positivamente pola crítica especializada e foi comercialmente un éxito no seu país natal, o Reino Unido, e foi candidato ó premio Mercury Prize. O seguinte álbum de Winehouse do ano 2006, Back to Black, levou cinco premios Grammy, igualando naquel entón a marca de maior número de triunfos nunha única noite para unha artista feminina, e foi a primeira muller británica en gañar cinco premios Grammy, incluíndo a Mellor Artista Revelación, Gravación do Ano e Canción do Ano. Gañou ademais un World Music Award e tres premios Ivor Novello; no 2004 á Mellor Canción Contemporánea por Stronger Than Me, no 2007 de novo Mellor Canción Contemporánea, esta vez por Rehab e no 2008 Mellor Canción Lírica e Musicalmente por Love Is a Losing Game, tamén gañou o premio Brit á Mellor Artista Feminina Británica de 2007, sendo tamén candidata ó Mellor Álbum Británico con Back to Black, entre outros premios de prestixio. (Ler máis...)
Image 5
Spacewar (estilizado en ocasións Spacewar!) é un videoxogo de simulación de combate espacial desenvolvido no ano 1962, sendo un dos primeiros xogos creados nos comezos da historia dos videoxogos. Foi deseñado por Steve Russell, en colaboración con Martin Graetz e Wayne Wiitanen, e programado polo propio Russell coa axuda de Bob Saunders e Steve Piner para a minicomputadoraDECPDP-1 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Trala súa creación, outros estudantes e empregados das universidades da zona expandiron o videoxogo, entre eles Dan Edwards e Peter Samson. O xogo espallouse polo resto de instalacións da computadora PDP-1, principalmente académicas, convertendo a Spacewar no primeiro videoxogo coñecido que se xogou en múltiples instalacións informáticas.
O xogo, con gráficos monocromos, inclúe dúas naves espaciais controladas cada unha delas por un xogador humano, "agulla (needle)" e "cuña (wedge)", que loitan entre elas realizando manobras nun pozo gravitacional dunha estrela. Cada unha das naves ten unha cantidade de combustible limitada para realizar as manobras, e un número limitado de torpedos, e seguen a mecánica clásica, manténdose en movemento aínda cando o xogador non acelera a nave. As naves quedan destruídas cando un torpedo inimigo impacta nelas ou se chocan coa estrela, aínda que moverse preto dela pode proporcionar unha axuda gravitacional. En calquera momento os xogadores poden entrar no hiperespazo para moverse a un novo lugar aleatorio da pantalla, aínda que cada uso desta habilidade pode resultar na destrución da súa propia nave. Inicialmente o xogo controlábase con interruptores no PDP-1, pero Alan Kotok e Bob Saunders construíron un gamepad para reducir a dificultade dos controis do xogo. (Ler máis...)
Criado por pais pobres mais con talento musical na illa de Funen, amosou as súas habilidades musicais a unha idade temperá. Inicialmente tocou nunha banda militar antes de asistir á Real Academia Dinamarquesa de Música en Copenhague dende 1884 ata decembro de 1886. Estreou o seu Op. 1, Suite para cordas, en 1888, aos 23 anos. O ano seguinte, Nielsen comezou un período de 16 anos como segundo violinista da Real Orquestra Dinamarquesa baixo a dirección de Johan Svendsen, durante o cal tocou a estrea dinamarquesa das óperas de Giuseppe Verdi, Falstaff e Otello. En 1916, tomou un posto de profesor na Real Academia Dinamarquesa, que ocupou ata a súa morte. (Ler máis...)
Edo pasou a ser a sede do goberno do shogunato Tokugawa a comezos do século XVII. Os mercadores, no máis baixo da orde social naquel entón, foron os máis beneficiados do rápido crecemento económico da cidade e moitos deles gozaban do teatro kabuki, das cortesás e gueixas dos distritos de pracer. O termo ukiyo ("mundo flotante") pasou a describir este estilo de vida hedonista. As imaxes ukiyo-e, impresas ou pintadas, deste ambiente xurdiron a finais do século XVII e acadaron popularidade entre os mercadores, para entón xa suficientemente podentes como para permitirse decorar os seus fogares con elas. (Ler máis...)
Image 8
Le Sacre du printemps (en francés) ou Весна священная (en ruso, transliterado Vesna sviashchennaia) é un ballet e concerto orquestral do compositor rusoIgor Stravinskii. Foi escrito para a tempada dos Ballets Russes de Sergei Diagilev de 1913; a coreografía orixinal foi obra de Vatslav Nizhinskii, con deseños de escena de Nikolai Rerikh. Cando foi estreada, no Théâtre des Champs-Élysées o 29 de maio de 1913, a natureza vangardista da música e a coreografía causaron sensación e case orixinaron disturbios na audiencia. Aínda que creou a obra para a escena, con pasaxes específicas acompañando ás personaxes e á acción, a música conseguiu o mesmo, senón maior recoñecemento como peza de concerto, e é amplamente considerada unha das obras máis influentes da música do século XX.
Stravinskii era un compositor novo e practicamente descoñecido cando Diagilev o recrutou para crear obras para os Ballets Russes. Le Sacre du printemps foi o terceiro proxecto deste tipo, despois do aclamado L'oiseau de feu (1910) e Petrushka (1911). O concepto detrás de Le Sacre du printemps, desenvolvido por Rerikh a partir da idea dun bosquexo de Stravinskii, é suxerida polo seu subtítulo, «Imaxes da Rusia pagá en dúas partes»; no escenario, despois de varios rituais primitivos que celebran a chegada da primavera, unha moza é escollida como vítima dun sacrificio e baila ata a morte. Despois dunha recepción mixta por parte da crítica na súa forma orixinal e unha pequena xira por Londres, o ballet non volveu ser representado ata a década de 1920, cando unha versión coreografada por Léonide Massine substituíu a orixinal de Nizhinskii. A de Massine foi a precursora de moitas producións innovadoras dirixidas polos principais mestres de ballet do mundo, coas que a obra gañou aceptación en todo o mundo. Na década de 1980, a coreografía orixinal de Nizhinskii, que durante moito tempo se pensou que estaba perdida, foi reconstruída polo Joffrey Ballet nos Ánxeles. (Ler máis...)
O noveno fillo sobrevivente nunha familia de protestantesmetodistas, Crane comezou a escribir relatos cando tiña catro anos e xa publicara varios artigos a idade de 16 anos. Amosando pouco interese nos estudos universitarios, deixou a universidade no ano 1891 para traballar coma xornalista e escritor. A súa primeira novela publicada foi un relato de 1893 sobre o Bowery titulado Maggie: A Girl of the Streets, xeralmente considerado pola crítica coma a primeira obra literaria do naturalismo estadounidense. Acadou a aclamación internacional en 1895 pola súa novela sobre a guerra civil estadounidenseThe Red Badge of Courage, que escribiu sen ter ningunha experiencia en combate. (Ler máis...)
Image 10
A balsa muisca (en muisca: zhiny myska) ou balsa dourada (en muisca: zhiny kihichá) é unha peza votiva de ourivaríaprecolombiana feita pola cultura muisca, un pobo indíxena que habita no Altiplano Cundiboyacense dos Andescolombianos. A peza probablemente fai referencia á cerimonia de ofrenda de ouro descrita na lenda de El Dorado, que ocasionalmente tiña lugar na lagoa de Guatavita. Neste ritual, o novo xefe muisca (o zipa), que estaba a bordo dunha balsa e cuberto de po de ouro, guindaba obxectos de ouro á lagoa como ofrendas aos deuses, antes de mergullarse na lagoa. A figura foi creada entre os anos 1295 e 1410 mediante fundición á cera perdida nunha aliaxe de ouro con prata e cobre. A balsa formaba parte dunha ofrenda que foi colocada nunha cova do concello de Pasca. Dende o seu descubrimento en 1969, a balsa muisca converteuse nun emblema nacional de Colombia e foi representada nos selos de correos. A peza está exposta no Museo do Ouro de Bogotá. (Ler máis...)
Image 11
Píseň bohatýrská (traducible ao galego como O canto do heroe), Op. 111, B. 199, tamén chamada Canción heroica para orquestra, é un poema sinfónico para orquestra composto por Antonín Dvořák entre o 4 de agosto e 25 de outubro de 1897. Foi estreado en Viena o 4 de decembro de 1898, coa Orquestra Filharmónica de Viena baixo a dirección de Gustav Mahler, e a súa publicación tivo lugar en Berlín en 1899. A diferenza doutros poemas sinfónicos de Dvořák, esta obra non está baseada nun texto específico, e puido ter sido composta coa intención de ser autobiográfica. A peza é na súa maior parte enerxética e triunfante, mais inclúe unha sección lenta que contén unha marcha fúnebre. Unha interpretación típica dura aproximadamente vinte e dous minutos. (Ler máis...)
Image 12
O libro publicouse orixinalmente no Reino Unido o 26 de xuño de 1997 a través da editorial Bloomsbury. Publicouse nos Estados Unidos o ano seguinte por Scholastic Corporation baixo o título Harry Potter and the Sorcerer's Stone. Gañou a maioría dos premios literarios británicos que foron xulgados por nenos e outros premios nos Estados Unidos. A novela atinxiu os primeiros postos da lista dos máis vendidos de ficción de New York Times en agosto de 1999 e permaneceu aí durante 1999 e boa parte do ano 2000. Traduciuse a, cando menos, 73 linguas, e fíxose unha versión cinematográfica da mesma, así como seis secuelas. A novela vendeu máis de 120 millóns de copias, converténdose no cuarto libro máis vendido de tódolos tempos. A versión en lingua galega foi publicada o 1 de xaneiro de 2003 pola Editorial Galaxia.
A maioría das valoracións foron moi favorables, comentando a imaxinación, o humor, o estilo sinxelo e directo de Rowling e a intelixente construción argumental, aínda que algúns criticaron que os capítulos finais parecían precipitados. A súa escrita foi comparada coa de Jane Austen, unha das autoras favoritas de Rowling, coa de Roald Dahl, cuxas obras dominaban as historias infantís antes da aparición de Harry Potter, e co autor grego Homero. Mentres algúns críticos consideraron que o libro fai unha ollada ao pasado cara ás historias dos internados vitorianos e eduardianos, outros consideraron que sitúa o xénero firmemente no mundo moderno ao presentar problemas éticos e sociais contemporáneos, así como a superar obstáculos como o acoso escolar. (Ler máis...)
Os seguintes seis xogos Origins, Homecoming, Shattered Memories, Downpour, Book of Memories e P.T. (un teaser xogable de Silent Hills), foron desenvolvidos por outros equipos, na súa maioría occidentais. A franquía Silent Hill ampliouse para incluír varias pezas impresas, dúas longametraxes e videoxogos spin-off. No ano 2013, a serie de xogos vendera máis de 8,4 millóns de copias en todo o mundo. (Ler máis...)
Image 14
Intempo é un rañaceos de 192 metros de altura e 47 plantas coroado pero inacabado situado en Benidorm (Alacant). Trátase do rañaceos residencial máis alto de España e segundo da Unión Europea, e o quinto edificio máis alto de España, superado polas catro torres do CTBA de Madrid.
A data de xuño de 2016, o proxecto atópase parado e o inmoble, por tanto, deshabitado, tendo rematados o 94% dos traballos. É propiedade da promotora Olga Urbana, que se atopa en concurso de acredores. O acredor maioritario é o Sareb, unha sociedade anónima de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria ou «banco malo», como herdeira do crédito hipotecario concedido pola extinta caixa de aforrosCaixa Galicia. O Sareb tentou recuperar parte do crédito a través dunha poxa completa do inmoble, tras intentos infrutuosos por parte do promotor de lograr acordos con investidores estranxeiros. Tras recibir unha única oferta de 47 millóns de euros, o Sareb exerceu o seu dereito de mellorala, ofrecendo 58,5 millóns. Sempre que non se resolvan os problemas xudiciais a raíz do concurso da sociedade promotora, o Sareb non poderá adxudicarse o inmoble. (Ler máis...)
Despois dunha infancia de neno prodixio en Polonia marchou para París con vinte anos, onde fixo carreira como intérprete, profesor e compositor e adoptou a versión francesa do seu nome Frédéric-François. De 1837 a 1847 tivo unha tormentosa relación coa escritora francesa George Sand (Aurore Dudevant). Morreu con 39 anos por mor dunha tuberculose pulmonar. (Ler máis...)
Nos seus inicios, fundamentou a súa reputación como compositor con obras como Der fliegende Holländer e Tannhäuser, que seguían a tradición romántica de Weber e Meyerbeer. Transformou o pensamento musical coa idea da «obra de arte total» (en alemánGesamtkunstwerk), a síntese de todas as artes poéticas, visuais, musicais e escénicas, que desenvolveu nunha serie de ensaios entre 1849 e 1852, e que plasmou na primeira metade da súa monumental tetraloxía Der Ring des Nibelungen. Con todo, as súas ideas sobre a relación entre a música e o teatro mudaron de novo e reintroduciu algunhas formas operísticas tradicionais nas obras da súa última etapa, como en Die Meistersinger von Nürnberg. As obras de Wagner, particularmente as do seu último período (que se corresponden coa súa etapa romántica), destacan pola súa textura contrapuntística, riqueza cromática, harmonía, orquestración e un elaborado uso dos leitmotivs (temas musicais asociados a caracteres específicos ou elementos dentro da trama). Wagner foi o pioneiro en varios avances da linguaxe musical, como un extremo cromatismo (asociado coa cor orquestral) ou a ampliación do cosmos harmónico a través dun continuo desprazamento dos centros tonais, o que influíu no desenvolvemento da música clásica europea. (Ler máis...)
Georg Friedrich Händel, nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical de orixe alemá nacionalizado inglés, considerado un dos cumes do Barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas.
Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell, e marcou toda unha era na música inglesa, sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar en Inglaterra. Foi o primeiro gran mestre da música baseada na técnica da homofonía, así como da ópera seria italiana e o oratorio. (Ler máis...)
Segundo a Encyclopædia Britannica, «Shakespeare é xeralmente recoñecido como o máis grande dos escritores de todos os tempos, figura única na historia da literatura. A fama doutros poetas, tales como Homero e Dante Alighieri, ou de novelistas tales como Lev Tolstoi ou Charles Dickens, transcendeu as barreiras nacionais, pero ningún deles chegou a alcanzar a reputación de Shakespeare, cuxas obras hoxe lense e representan con maior frecuencia e en máis países que nunca. A profecía dun dos seus grandes contemporáneos, Ben Jonson, cumpriuse por tanto: "Shakespeare non pertence a unha soa época senón á eternidade"». (Ler máis...)
Henri Cartier-Bresson, nado o 22 de agosto de 1908 en Chanteloup-en-Brie e finado o 3 de agosto de 2004 en Montjustin, foi un célebre fotógrafofrancés considerado por moitos o pai do fotorreportaxe. Predicou sempre coa idea de atrapar o instante decisivo, versión traducida das súas "images a la sauvette", que veñen a significar con máis precisión "imaxes a hurtadillas". Tratabase, pois, de poñer a cabeza, o ollo e o corazón no mesmo momento no que se desenvolve o clímax dunha acción. (Ler máis...)
Image 11
Joan Miró, nado en Barcelona o 20 de abril de 1893 e finado en Palma o 25 de decembro de 1983, foi un pintor, escultor e ceramista catalán, un dos máximos representantes do surrealismo. Na súa obra reflectiu o seu interese no subconsciente, no infantil e no seu país. Nun principio mostrou fortes influencias fauvistas, cubistas e expresionistas, pasando a unha pintura plana con certo aire naïf, como o é o seu coñecido cadro La masia do ano 1920. Dende a súa estadía en París, a súa obra vólvese máis onírica, coincidindo cos puntos do surrealismo e incorporándose a este movemento. En numerosas entrevistas e escritos que datan da década de 1930, Miró manifestou o seu desexo de abandonar os métodos convencionais de pintura, nas súas propias palabras de "matalos, asasinalos ou violalos", para poder favorecer unha forma de expresión que fose contemporánea, e non querer dobregarse ás súas esixencias e á súa estética nin sequera cos seus compromisos cara aos surrealistas.
Un dos seus grandes proxectos foi a creación en 1975, da Fundación Joan Miró, situada en Barcelona, centro cultural e artístico para difundir as novas tendencias da arte contemporánea, constituíndose cun gran fondo de obras doadas polo autor; outros lugares con importantes fondos das súas obras son a Fundación Piar i Joan Miró de Palma de Mallorca, o Museo Raíña Sofía de Madrid, o Centro Georges Pompidou de París (Musée National d'Art Moderne) e o MOMA de Nova York. (Ler máis...)
Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e o cinema francés e apareceu en clásicos como Les enfants du paradis, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950. (Ler máis...)
Manuel Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 15 de abril de 1892 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1961, foi un reputado violinista, compositor e debuxante galego, posiblemente o músico galego que acadou maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo. Foi anunciado en numerosas ocasións por parte dos críticos como "o mellor sucesor de Pablo Sarasate", e ás veces é referido como "o herdeiro espiritual de Sarasate".
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic) ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva.
Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo. (Ler máis...)
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais. (Ler máis...)
Image 14
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.
Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel detállanse costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita. O seu valor é filolóxico, sociolóxico e literario. (Ler máis...)