Ponte Taboada
Ponte Taboada | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | ponte e ponte en arco ![]() | |||
Material usado | pedra ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Lalín | |||
Parroquia | Prado ![]() | |||
Localización | Silleda ![]() | |||
Atravesa | río Deza ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | século X ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A ponte Taboada é unha ponte románica do século X, do ano 912, sobre o río Deza, situada entre as parroquias de Prado (Lalín) e Taboada (Silleda), dálle nome ao lugar da Ponte Taboada, preto da confluencia dos ríos Deza e Asneiro no lugar de Entrambas Augas[1]. A ponte está incluída no inventario de Pontes históricas de Galicia co código PO-43[2] Pola ponte discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.
Descrición
[editar | editar a fonte]A ponte posúe unha estrutura en arco simple de medio punto e conta cunha altura importante. A ponte construíuse sobre dous grandes penedos que reducen o ancho do río a uns 11 metros. O punto máis alto do arco álzase a uns 9 metros sobre a liña de auga do río. Unha rampla de dobre acceso, duns 2,85 metros de ancho, feita con lousas e lastros de pedra, completa o deseño[3].
Historia
[editar | editar a fonte]A ponte Taboada, tamén coñecida como ponte Vella de Taboada, é unha ponte románica que foi parte do chamado Camiño Real que unía as cidades de Santiago de Compostela e Ourense. A ponte seguramente substituíu outras pontes previas de madeira, construídas no mesmo sitio, de onde podía tomar o seu nome (Pons Tabulata en Latín). Debido á modificación e cambios nas rutas dos camiños locais na segunda metade do século XIX , e por mor da construción dunha nova ponte nas proximidades (Ponte Nova de Taboada, ou Ponte de Taboada Nova), o uso da ponte vella minguou.
A poucos metros dunha das entradas á ponte, sobre unha gran pedra deteriorada, pódese ler esta inscrición en latín que foi transcrita por Bouza Brey[4]: lavoraberunt ista ponte in era dccccl et fuit perfecta pride kalendas aprilis ("Traballaron nesta ponte na era do 950 terminándose no 31 de marzo). A era do 950 corresponde ao ano 912, a data en que se rematou de construír.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ponte Taboada
-
Inscrición co texto Laboraverunt ista ponte era DCCCL fuit perfecta pride kalendas aprilis
-
Camiño á Ponte Taboada
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Presas García, Antonio (2013). A milenaria Ponte Taboada. pp. 277–314. ISBN 978-84-616-3787-4.
- ↑ Alvarado Blanco, Segundo; Durán Fuentes, Manuel; Nárdiz Ortiz, Carlos (1991). Pontes históricas de Galicia (Colexio Oficial de Enxeñeiros, Canles e Portos ed.). A Coruña. p. 392. ISBN 84-404-8256-6.
- ↑ "Ponte Taboada Vella". Galicia Máxica. Consultado o 05/08/2024.
- ↑ "Taboada" (PDF). Románico Digital. Consultado o 05/08/2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aspectos da milenaria Ponte Taboada (I). Faro de Vigo (Consultado o 27/03/2014).
- Aspectos da milenaria Ponte Taboada (III). Faro de Vigo (Consultado o 27/03/2014).
- Ponte Taboada na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
![]() |
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |