Phoenix
- Véxase tamén: Phoenix (sonda espacial).
| Alcume | Valley of the Sun | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Fénix | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Estado federado | Arizona | ||||
| Condado | Condado de Maricopa (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.608.139 (2020) | ||||
| Número de fogares | 580.835 (2020) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Região metropolitana de Phoenix (pt) | ||||
| Superficie | 1.341,477468 km² | ||||
| Auga | 0,24 % | ||||
| Bañado por | Salt River (en) | ||||
| Altitude | 331 m-331 m | ||||
| Creación | 1868 | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Kate Gallego (2019–) | ||||
| Órgano lexislativo | Phoenix City Council (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 85001, 85002, 85003, 85004, 85005, 85006, 85007, 85008, 85009, 85010, 85011, 85012, 85013, 85014, 85015, 85016, 85017, 85018, 85019, 85020, 85021, 85022, 85023, 85024, 85026, 85027, 85028, 85029, 85030, 85031, 85032, 85033, 85034, 85035, 85036, 85037, 85038, 85040, 85041, 85042, 85043, 85044, 85045, 85046, 85048, 85050, 85051, 85053, 85054, 85060, 85061, 85062, 85063, 85064, 85066, 85067, 85068, 85069, 85070, 85071, 85072, 85074, 85076, 85078, 85079, 85080, 85082, 85083, 85085 e 85086 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 623, 480, 602 e 520 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | phoenix.gov | ||||

Phoenix é a capital, a maior cidade e a maior área metropolitana do estado estadounidense de Arizona. Phoenix incorporouse o 5 de febreiro de 1881. É a principal cidade da Área Metropolitana de Phoenix e a 7 cidade do país. Os indios navagho chaman á cidade Hoodzo que significa literalmente "este lugar é caloroso", actualmente é a cidade con maior crecemento nos Estados Unidos.
Historia
[editar | editar a fonte]Prehistoria
[editar | editar a fonte]Os primeiros asentamentos no Val do Sol estableceunos o pobo hohokan ao redor do ano 300 adC. Construíron as primeiras granxas e estableceron un sistema de canles que permitía traer a auga desde o río Salgado. Viviron tamén nas ruínas de Pobo Grande entre o 700 e o 1400. Foi un pobo emprendedor e imaxinativo. O seu sistema de irrigación compendría uns 217 km de canles.
Orixe da cidade
[editar | editar a fonte]En 1867, o aventureiro Jack Swilling parou para descansar na zona norte das Montañas White Tank. Descubriu que a área tiña numerosas zonas agrícolas, libres de xeadas. Só se necesitaba auga. En 1868 construíu unha canle que traía auga desde o río Salgado e fundou unha pequena colonia a uns 6 quilómetros da actual cidade. O nome de Phoenix (fénix) deullo o pioneiro Darrel Dupa simbolizando así o nacemento dunha nova civilización sobre as ruínas deixadas polos hohokan. A cidade foi recoñecida oficialmente o 4 de maio de 1868.
Prosperidade e modernidade
[editar | editar a fonte]A chegada do ferrocarril en 1880 foi o primeiro de diversos acontecementos que revolucionaron a economía de Phoenix. A cidade converteuse nun centro de comercio na que os produtos chegaban aos mercados das costas leste e oeste do país. A Cámara de Comercio de Phoenix de estableceu en 1888.
En 1902, o presidente Theodore Roosevelt permitiu a construción de presas na zona oeste, satisfacendo así as demandas dos habitantes do Val do Sol. En 1911 a presa Roosevelt, unha das maiores do mundo, empezou a ser operativa. A presa creou tamén o Lago Roosevelt que ampliou a zona de irrigación. O 14 de febreiro de 1912, o presidente William Howard Taft instituíu o estado de Arizona e nomeou a Phoenix como o seu capital.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Phoenix atópase a 33°31'42" norte 112°4'35" oeste na zona central de Arizona, no corazón do Deserto de Sonora. A área metropolitana inclúe as comunidades de Glendale, Mesa, Scottsdale, Tempe, Chandler, Gilbert, Peoria e outras máis pequenas. Ademais, na área establecéronse diversas comunidades de retiro como Sun City.
A cidade ocupa unha área de 1.230,5 km² dos cales 1.229,9 pertencen a terra e 0,6 a zona de auga.
Clima
[editar | editar a fonte]É habitual que a cidade teña o ceo despexado, cunha media de 300 días de sol ao ano. A temperatura alcanza os 38 °C durante 89 días ao ano, sobre todo entre os meses de xuño e setembro. No verán adóitanse alcanzar temperaturas de máis de 40 °C. A temperatura máxima alcanzouse o 26 de xuño de 1990 ao chegar os termómetros a marcar os 50 °C.
| MesTemperaturas medias e precipitación: weather.com.Datos sobre o clima: weatherbase.com. | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura máxima media (°C) | 19 | 21 | 24 | 29 | 34 | 39 | 41 | 39 | 37 | 31 | 24 | 19 | 30 |
| Temperatura mínima media (°C) | 5 | 7 | 9 | 13 | 18 | 22 | 27 | 26 | 22 | 16 | 9 | 6 | 15 |
| Precipitación (mm) | 21 | 20 | 27 | 6 | 4 | 2 | 25 | 24 | 19 | 20 | 19 | 23 | 210 |
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Phoenix está irmandada con dez cidades[1]:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Phoenix Sister Cities Commission Arquivado 24 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (consultado o 21 de abril de 2006).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Phoenix |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial da cidade Arquivado 25 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Greater Phoenix Chamber of Commerce Arquivado 22 de maio de 2021 en Wayback Machine.
- Greater Phoenix Convention e Visitors Bureau
- Phoenix Public Library
