Petite Terre
| Îles de la Petite-Terre (fr)  | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| 
 | ||||
| Páxina | La Désirade (en)    | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 1,48 km²  | |||
| Bañado por | Mar Caribe  | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
Petite Terre é un grupo de illas que pertencen ao departamento de ultramar francés de Guadalupe, situadas no mar Caribe. O seu nome en Francés Îles de la Petite-Terre literalmente significa "Illas da Terra Pequena", consisten en 2 pequenas illas Terre de Bas (ou "Terra Baixa") e Terre de Haut (ou "Terra Alta") localizadas aproximadamente a 10 km ao sueste da illa de Grande-Terre, e ao sur de La Désirade. Foron chamadas así en constraste co nome que recibiu a moito maior en tamaño e veciña Grande-Terre. A súa superficie combinada é de apenas 1´70 km².
Historia
[editar | editar a fonte]A pequena illa da petite terre ten unha superficie de 150 hectáreas e posúe o faro máis antigo de Guadalupe, alcanzando un máximo de 35 m sobre o mar, foi descuberta por Cristovo Colón, pero non foi ocupada por colonos ata o século XVIII debido á falta de auga. Debe terse en conta, con todo, que os arauaques e os caribes foron os primeiros en ocupar a illa entre os anos 500 e 1500. A economía xiraba en torno á agricultura, a pesca, o comercio e o algodón, isto foi posible grazas ao almacenamento da auga de choiva en cisternas.
 
	


