Perafort
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | Provincia de Tarragona | ||||
| Comarca | Tarragonès | ||||
| Capital | Perafort | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.342 (2025) | ||||
| Número de fogares | 32 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 9,5 km² | ||||
| Bañado por | Río Francolí | ||||
| Altitude | 125 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Joan Martí Pla Pla (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 43152 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 43103 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 431037 | ||||
| Sitio web | perafort.com | ||||
Perafort é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. Está formado por dous núcleos de poboación: Perafort e Puigdelfí, situado a menos dun quilómetro.
Historia
[editar | editar a fonte]Atopáronse diversos restos arqueolóxicos que demostran a presenza de habitantes durante a ocupación romana. Quedou despoboado durante a época árabe e non se repoboou ata logo da Reconquista; o seu primeiro señor foi Guillem de Claramunt. Tomou parte nas actividades da Comuna del Camp.
A principios do século XIII pertenceu aos señores de Castellvell. Logo de pasar por diversas mans, en 1467 a señoría quedou en poder da curia de Tarragona.
Puigdelfí e Perafort uníronse para formar un único municipio en 1846.
Demografía
[editar | editar a fonte]| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2000 | 2012 |
|---|---|---|---|---|---|
| 598 | 506 | 496 | 444 | 610 | 1.264 |
Economía
[editar | editar a fonte]A principal actividade económica do municipio é a agricultura. Destacan os cultivos de viña, amendoeiras e abeleiras. Destaca tamén a actividade industrial, fomentada coa construción de polígonos industriais.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Sant Pere de Perafort, neoclásica de tres naves, construída no século XVIII sobre un antigo templo. Ten acaroado un campanario de planta cuadrada.
- Igrexa de Sant Sebastià de Puigdelfí, do século XVIII, de tres naves.
Festividades
[editar | editar a fonte]- Festa maior de Puigdelfí, en xaneiro.
- Festa maior de Perafort, o 29 de xuño.
Tranporte
[editar | editar a fonte]O 26 de decembro de 2006 inaugurouse, a medio camiño entre Perafort e La Secuita, a estación de Camp de Tarragona, pertencente á liña de alta velocidade Madrid-Barcelona-Fronteira francesa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Perafort |
