Saltar ao contido

O prezo do poder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O prezo do poder

Tipofilme e nova versión de filme Editar o valor en Wikidata
EpónimoTony Montana Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema de gánsteres, cinema dramático, filme sobre crime, filme de suspense, cinema policial de suspense, cinema de drama policial e filme de acción Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aBrian De Palma Editar o valor en Wikidata
Compositor/aGiorgio Moroder Editar o valor en Wikidata
GuionistaOliver Stone Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaJohn A. Alonzo Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineGerald B. Greenberg (pt) Traducir e David Ray (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónFerdinando Scarfiotti Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a vestiarioPatricia Norris Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalcrime organizado, narcotráfico, situación penal, Cocaína, megalomania (pt) Traducir, rags to riches (en) Traducir e Êxodo de Mariel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ambientado enFlorida, Região Metropolitana do Sul da Flórida (pt) Traducir, Nova York, Bolivia, Mariel (pt) Traducir e Miami Editar o valor en Wikidata
Baseado enScarface (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Época ambientacióndécada de 1980 Editar o valor en Wikidata
Dedicado aHoward Hawks e Ben Hecht Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aMartin Bregman (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraUniversal Studios Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aUniversal Studios, Netflix e iTunes Editar o valor en Wikidata
Recadación65.884.703 $ e 45.408.703 $ Editar o valor en Wikidata
Custo25.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribucióndescarga dixital e vídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 50 minutos e 2 horas e 46 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeNova York, Os Ánxeles, Florida, Miami e Santa Bárbara Editar o valor en Wikidata
Premios
Clasificación
Contacto
Páxina WEBuphe.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0086250 Filmaffinity: 188896 Allocine: 900 Rottentomatoes: m/scarface Mojo: scarface Allmovie: v43082 TCM: 414137 Metacritic: movie/scarface TV.com: movies/scarface-1983 Netlix: 60029681 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O prezo do poder (en inglés: Scarface) é un filme policial estadounidense de 1983 dirixido por Brian De Palma con guión de Oliver Stone[1], un remake do filme do filme Scarface de 1932[2]. A película conta a historia do refuxiado cubano Tony Montana (Al Pacino), que chega en 1980 a Miami sen nada, e sobe ata converterse nun poderoso patrón da droga. No elenco tamén participaron Mary Elizabeth Mastrantonio, Steven Bauer e Michelle Pfeiffer. A estrea foi o 1 de decembro de 1983 en Nova York e o 9 de decembro de 1983 lanzouse comercialmente nos Estados Unidos.

Argumento

[editar | editar a fonte]
Graffiti coa imaxe Al Pacino caracterizado como Tony Montana

En 1980 o refuxiado cubano e ex-convicto Antonio "Tony" Montana chega a Miami, como parte do éxodo do Mariela. Vai parar a un campo de refuxiados cos seus mellores amigos, Manny Ribera, Ángel e Chi-Chi. Conseguen saír e a promesa de lograr o permiso de residencia por asasinar un ex-alto cargo do goberno cubano a petición dun dos maiores traficantes de drogas, Frank López. Traballan como lavapratos nun posto de comidas, a contragusto de Tony que afirma que el está para cousas máis grandes.

Omar Suárez, a man dereita de Frank, encárgalles un traballo, mercar cocaína dos traficantes colombianos, pero o negocio vai mal. Os colombianos desmembran a Angel cunha motoserra, mentres Manny e Chi-Chi rescatan a Tony e matan os traficantes. Sospeitando que Omar está involucrado, Tony e Manny insisten en entregar persoalmente as drogas e os cartos a Frank. Durante areunión, Tony séntese atraído pola muller de Frank, Elvira Hancock.

Michelle Pfeiffer era unha actriz descoñecida cando rodou Scarface, e tanto Al Pacino como o director Brian De Palma, inicialmente, estaban en contra da súa escolla como protagonista.

Produción

[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]
Oliver Stone (1987) escribiu o guión para Scarface mentres loitaba contra a súa adicción á cocaína.

Scarface comezou a desenvolverse despois de Al Pacino ver o filme Scarface (1932) nos Ánxeles. Chamou ao seu produtor Martin Bregman, e informoulle que cría que un remake da película podería ter éxito[3]. Pacino orixinalmente quería manter o período histórico da trama, pero entendía que por mor da súa natureza melodramática sería difícil de realizar. Sidney Lumet foi ao primeiro que contactaron coa idea de dirixir o filme, desenvolvendo a idea de Montana, un cubano acabado de chegar aos Estados Unidos no éxodo do Mariela[3].

As diferenzas creativas entre Bregman e mais Lumet fixeron que este último deixase o proxecto. Lumet quería facer un historia máis política, centrada en culpar de favorecer o fluxo de cocaína á administración presidencial da época, e Bregman discordaba[4]. Bregman substituíuno por Brian De Palma e contratou o escritor Oliver Stone para escribir o guión, este concebiuno mentres loitaba contra a súa propia adicción á cocaína[5]. Stone e Bregman realizaron a súa propia investigación, viaxando a Miami, onde tiveron acceso aos rexistros da oficina do fiscal e unidade contra o crime da policía[4]. Stone trasladouse a París para escribir o guión, na crenza que non podería desngancharse mentres estivese no país, logrando deixar a droga [5].

Pacino insistiu en facer o papel principal, o de Tony Montana, aínda que tamén llo ofreceran a Robert De Niro pero non aceptou [3]. Pacino traballou con expertos en loita con coitelo, adestradores físicos e co boxeador Roberto Durán para lograr o tipo de corpo que quería para o papel. Durán tamén axudou na inspiración do personaxe, que tiña "un certo león dentro", segundo Pacino. O personaxe de Sophie que realizou Meryl Streep en Sophie's Choice (1982) tamén influenciou o personaxe. Bauer e un experto en dialectoloxía axudárono na aprendizaxe do español cubano e da súa pronuncia[6].

Pfeiffer era unha actriz descoñecida daquela e tanto Pacino como De Palma argumentaron contra da súa elección pero Bregman defendeuna[3]. Glenn Close era a opción orixinal para o papel, aínda que tamén se consideraron outras alternativas como Geena Davis, Carrie Fisher, Kelly McGillis, Sharon Stone e Sigourney Weaver[7].

Bauer logrou o seu papel sen audición. Durante o proceso de selección o director de repartición Alixe Gordin viu a Bauer e inmediatamente se deu de conta que era o indicado para o papel de Manny, un xuízo co que concordaron De Palma e Bregman. Foi o único cubano real entre os actores principais. Mais así a todo tamén se considerou a John Travolta para o papel[3].

Mansión El Fureidis en Montecito, preto de Santa Bárbara

Mentres ensaiaba para un tiroteo Al Pacino mancouse e estivo fóra da rodaxe durante dúas semanas. A escena do tiroteo inclúe un plano rodado por Steven Spielberg, de visita durante a rodaxe. Mentres se realizaba o filme algúns cubano-estadounidenses obxectaron que a súa comunidade aparecía retratada como criminais e interpretados por actores non cubano-americanos. Para contrarrestar esta situación, a película presenta unha declaración nos créditos afirmando que os personaxes da película non representaban á comunidade cubano-estadounidense.

Non obstante o filme estar ambientado en Miami, a rodaxe realizouse na súa maior parte nos Ánxeles, ao negar a Miami Tourist Board os permisos para rodar na cidade por pensar que podería afectar o turismo por canto se retrataba a cidade como un paraíso das drogas e das bandas. A gran mansión de Tony gravouse en El Fureidis, de estilo romano situada en Montecito (California).

A rodaxe durou 24 semanas, do 22 de novembro de 1982 ao 6 de maio de 1983.[8][9] Ken Pepiot e Stan Parks realizaron os efectos especiais.[10]

Cualificación

[editar | editar a fonte]

Scarface recibiu[11] a cualificación X en Norteamérica tres veces por extrema violencia, linguaxe ofensiva (emprégase ao longo do filme fuck (carallo) 207 veces[12]) e uso de drogas duras. Esa cualificación, asociada coa pornografía limitaba o número de cinemas onde se exhibiría, e restrinxía a publicidade promocional, o que potencialmente podía prexudicar a recadación. A causa da cualificación era unha das escenas iniciais, onde se desmembraba a Angel. De Palma editou a escena e volveulle enviar a película á Motion Picture Association of America (MPAA) mais outra volta recibiu o X. Recurtou máis esa escena sen éxito. Universal optou por apelar a decisión da MPAA e finalmente a cualificación mudouse á menos restritiva cualificación R [13].

Recepción

[editar | editar a fonte]

Ao primeiro o filme tivo críticas negativas[3], e houbo controversias sobre a violencia e a linguaxe sexualmente explícita do filme[14]. The New York Magazine definiuna como unha película de serie B baleira, fachendosa e excesiva[15]. Houbo na época críticas positivas como a de Roger Ebert que lle deu catro estrelas de catro e máis tarde engadiuna á súa lista de grandes películas.[16] A crítica contemporánea é radicalmente diferente na súa interpretación, así Rotten Tomatoes dálle un 83% baseado en 65 críticas [17] e en Metacritic logra unha puntuación de 65/100.

Recadación

[editar | editar a fonte]

A estrea comercial do filme en Norteamérica foi o 9 de decembro de 1983, na súa primeira fin de semena de exhibición logrou 4.500.000 de dólares en 996 cines, unha media de 4616 dólares por cine, o segundo filme desa fin de semana por tras de Sudden Impact (9.600.000). Recadou 45.400.000 en Norteamérica e 20.400.000 noutros mercados, converténdose no 16º filme dese ano por recadación e o sétimo da cualificación R.[18]

  1. "Scareface (1983)". Turner Classic Movies. Atlanta: Turner Broadcasting System (Time Warner). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  2. "Scareface (1932)". Turner Classic Movies. Atlanta: Turner Broadcasting System (Time Warner). Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Miller, Julie (24 de agosto de 2011). "Al Pacino Did Not Want Michelle Pfeiffer For Scarface and 8 Other Revelations About the Gangster Classic". Movieline. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2013. Consultado o 05 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Priggé, Steven (2004). Movie Moguls Speak: Interviews with Top Film Producers Jefferson, N.C.: McFarland & Company, p. 121
  5. 5,0 5,1 Chapman, Matt (24 de agosto de 2011). "Al Pacino and the cast and crew talk Scarface". Total Film. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2014. Consultado o 05 de setembro de 2017. 
  6. Lawrence Grobel (2008) Al Pacino Lawrence Grobel. Simon and Schuster, p. 87
  7. "15 Things You (Probably) Didn't Know About Scarface". ShortList. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2013. Consultado o 7 de decembro de 2013. 
  8. Daily Variety Magazine; 26 de novembro de 1982, p. 8
  9. Daily Variety Magazine, 12 de maio de 1983, p. 10
  10. "7 Crazy Things You Never Knew About Scarface". Ifc.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 05 de setembro de 2017. 
  11. "Movie 'Scarface' Receives X Rating", New York Times, 30 de outubro de 1983
  12. "Freeze Frame: Scarface". Web.archive.org. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2007. Consultado o 27 de abril de 2010. 
  13. Ken Tucker (2008) Scarface Nation: The Ultimate Gangster Movie and How It Changed America St. Martin's Press
  14. Emmis Communications (1984). Texas Monthly. Emmis Communications. pp. 136–. ISSN 0148-7736. [Ligazón morta]
  15. New York Media, LLC (19 de decembro de 1983). New York Magazine. New York Media, LLC. pp. 70–. ISSN 0028-7369. 
  16. Roger Ebert (9 de decembro de 1983). "Review of Scarface". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  17. "Scarface". Rotten Tomatoes. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 11 de agosto de 2011. 
  18. "Scarface (1983) (1983)". Box Office Mojo. Consultado o 30 de decembro de 2013.