Nouakchott
| نواكشوط (ary) Nuwaaksoot (wo) Nuwaasoot (fuf) Nuwasooto (snk) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| República islàmica | Mauritania | ||||
| Rexión | Nouakchott-Nord Region (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.077.169 (2016) | ||||
| Lingua oficial | lingua árabe | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.000 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 7 m | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Maty Mint Hamady (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 20 | ||||
| ISO 3166-2 | MR-NKC | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | crn.mr… | ||||
Nouakchott é a capital de Mauritania cunha poboación estimada en 2013 de 894.000 habitantes é, ademais, a principal cidade do país e, posibelmente, do Sáhara.
Situación
[editar | editar a fonte]Está situada a 18º 6' N, e 15º 57' O, na costa occidental atlántica do deserto do Sáhara e case no centro do litoral mauritano. O seu nome significa, en bérber, "lugar dos ventos".
Historia
[editar | editar a fonte]Como parte do vasto dominio colonial da África Occidental Francesa, Mauritania non dispuña, en si, dunha capital, pois tal posto estaba cuberto pola cidade de Saint-Louis, no Senegal. Porén, en 1957, Nouakchott, unha pequena localidade portuaria, foi escollida como capital do novo país. A escolla mudou de aspecto, pois mercé a seu novo papel, beneficiouse dun ambicioso programa de construcións, que daquela só ambicionba acrecentar a súa poboación en 15.000 novos habitantes. . No 1958 Mauritania emerxeu como unha república autónoma dentro da Comunidade Francesa, e para cando está organizazión se tornou inútil despois de 1962, Nouakchott tornouse capital dunha nación independente.
Descrición
[editar | editar a fonte]Nouakchott é a maior das cidades do Sáhara, se excluímos as cidades sitas nas beiras do Mediterráneo como O Cairo. A gran seca de comezos dos anos 1970 contribuíu ao medramento explosivo da cidade, pois grandes masas de poboación se dirixiron cara a urbe en busca dunha vida mellor.
A dispoñibilidade de chan provocou que a cidade se expandise en superficie, sendo raros os edificios altos. Parte da poboación que se asentou nela eran nómades, o que aínda dificulta na actualidade o reconto dos seus residentes, pois esa porción aséntanse por un tempo e, cando os seus hábitos o requiren, levantan as tendas e marchan.
Nouakchott está construída en torno a unha ancha vía arborada, a Avenue Abd an-Nasir, trazada en dirección norte-leste desde o aeroporto e atravesando o centro urbano. Outras rúas importantes están tamén (en francés) dedicadas a importantes figuras mauritanas ou a personalidades de fama internacional dos anos 1960: Avenue de Gaulle, Avenue Kennedy e Avenue Lumumba, por exempio.
Abastecemento de auga
[editar | editar a fonte]As capas freáticas por embaixo da cidade, coñecidas como o Lago Trarza, conteñen vastas reservas de auga doce, porén corren perigo de esgotamento debido ao rapidísimo crecemento da cidade: a poboación era de apenas 20.000 persoas en 1969 e de 150.000 no 1980, e está achegándose agora ao millón de habitantes.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]
Entre os sitios dignos de visitarse en Nouakchott, debemos citar: o Museo Nouakchott; diversos mercados como o Mercado da Prata de Nouakchott, e as praias, unha das cales é utilizada como base de actividades pesqueiras.
Administración
[editar | editar a fonte]Desde 1986 a cidade subdividíuse en nove distritos:
- Arafat
- Dar Naim
- El Mina
- Ksar
- Riad
- Sebkha
- Tevragh-Zeina
- Teyarett
- Toujounine
Irmandamentos
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nouakchott |
