Lockheed C-5 Galaxy
| Lockheed C-5 Galaxy | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Subclase de
| |||||||
|
Uso
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Desenvolvedor
| |||||||
|
Operador/a
| |||||||
| Produción | |||||||
|
Fabricante
| |||||||
|
Total producido
| |||||||
|
Configuración da á
| |||||||
| Dimensión | |||||||
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Primeiro voo
| |||||||
|
Entrada en servizo
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
|
Descrito pola fonte
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
O Lockheed C-5 Galaxy é un grande avión de transporte militar fabricado por Lockheed. Proporciónalle á Forza Aérea dos Estados Unidos unha capacidade de transporte pesado de alcance intercontinental, permitíndolle levar cargas de gran tamaño. O Galaxy ten moitas semellanzas co seu predecesor C-141 Starlifter, e o posterior C-17 Globemaster. O C-5 está entre os avións militares máis grandes do mundo.
O C-5 Galaxy tivo un desenvolvemento complicado; houbo sobrecustos significativos e Lockheed tivo grandes problemas financeiros. Pouco despois de entrar en servizo, foron descubertas fracturas nas ás en moitos avións e a capacidade da frota de C-5 viuse limitada ata que os erros foron corrixidos. O C-5M Super Galaxy é unha versión mellorada con novos motores e aviónica modernizada deseñados para estender a súa vida útil máis alá do ano 2040.
O C-5 Galaxy leva operando coa USAF dende 1969. En todo este tempo usouse para apoiar as operacións militares dos Estados Unidos en todos os grandes conflitos incluídos Vietnam, Iraq, Iugoslavia e Afganistán; ademais de apioar aos seus aliados, como a Israel durante a Guerra do Yom Kippur e á OTAN nas operacións da Guerra do Golfo. O C-5 tamén foi usado para distribuír axuda humanitaria e en catástrofes naturais, e apoiando ao programa do transbordador espacial dirixido pola NASA.