L'Escala
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Ámbito funcional territorial | Comarques Gironines | ||||
| Comarca | Alt Empordà | ||||
| Capital | L'Escala | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 10.429 (2024) | ||||
| Número de fogares | 58 (1553) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 16,3 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo e Golfo de Roses | ||||
| Altitude | 14 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Josep Bofill Testart (2022–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 17130 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 17062 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 170622 | ||||
| Sitio web | lescala.cat | ||||
L'Escala é un municipio da comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España. Está situado na metade norte da Costa Brava e nela atópanse as ruínas da cidade grecorromana de Empúries.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A vila de l'Escala está situada ao sur do Golfo de Roses, entre a antiga garganta do río Fluvià e Cala Montgó. Limita ao sur co municipio de Torroella de Montgrí.
O núcleo antigo de l'Escala está entre o mar Mediterráneo e un conxunto de outeiros dos últimos contrafortes do norte do macizo do Montgrí.
Xeoloxicamente o terreo é eminentemente calcario, con restos de limos e arxilas máis superficiais.
Demografía
[editar | editar a fonte]As entidades de poboación do municipio son: L'Escala, Cinc Claus, Les Corts e Sant Martí d'Empúries.
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 2.515 | 2.462 | 2.475 | 3.117 | 4.048 | 6.285 | 10.387 |
Economía
[editar | editar a fonte]Inicialmente, a economía da vila baseábase na pesca. A praia de l'Escala utilizábase como porto e a vida de todos os habitantes xiraba arredor da pesca. Máis modernamente construíuse un porto pesqueiro e deportivo na zona de Riells. Actualmente, a economía baséase no turismo, como se pode comprobar pola gran cantidade de casas de veraneo e hoteis. Aprovéitanse a fondo as paisaxes naturais da vila e as ruínas de Empúries.
O produto máis característico de l'Escala son as anchoas con Denominación de Orixe. É tal a popularidade deste peixe que moitas tendas da vila dedícanse exclusivamente á súa venda.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Declarados bens culturais de interese nacional:
- Alfolí de la Sal, do século XVII. Hai un proxecto para convertelo en museo e arquivo local.[1]
- Castelo de Cinc-claus
- Torres de vixilancia e defensa: Torre d'en Montgó, Torre del Perxel, Torre del Pedró e as torres de les Corts.
- Cemiterio vello ou marino.
- Empúries, xestionado polo Museo de Arqueoloxía de Cataluña.
- Conxunto histórico de Sant Martí d'Empúries
- Museo da Anchoa e do Sal
- Museo da moto de l'Escala
- Casa de Pescadores Can Cinto Xuà
-
Alfolí de la Sal
-
Castelo de Cinc-claus
-
Torre d'en Montgó
-
Cemiterio vello
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Punt Un edifici històric del segle XVII 30/10/2010. Consulta 30/10/2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: L'Escala |
