Irixoa
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia da Coruña | ||||
| Capital | O Pazo de Irixoa | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.326 (2024) | ||||
| Xentilicio | irixoés | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 68,52 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Antonio Deibe Sanmartín | ||||
| Eleccións municipais en Irixoa | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 15313 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 15039 | ||||
| Sitio web | irixoa.es | ||||
Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
Situación
[editar | editar a fonte]O concello, de 68,6 km², limita ao norte cos municipios de Miño, Vilarmaior e Monfero, ao sur con Aranga e Coirós, ao leste con Monfero e Aranga, e ao oeste con Paderne.
Orografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]Está nunha zona de transición entre a chaira da Terra Chá e as comarcas costeiras das Mariñas e Ferrolterra. Cara ao leste na prolongación da Serra da Loba están o Pico de Vales (702 m) e Monte Vila (684 m), entre os cales nace o río Zarzo, afluente do Mandeo. Cara ao oeste hai un perfil máis suave, polo que discorre o río Lambre, que desemboca na Ponte do Porco.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Censo total 2014 | 1.421 habitantes |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 82 (5.77 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 809 (56.93 %) |
| Maiores de 65 anos | 530 (37.3 %) |

| Evolución da poboación de Irixoa Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 3.561 | 3.819 | 3.548 | 2.138 | 1.619 | 1.526 | 1.502 | 1.492 | 1.442 | |||||||||||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Idade Media a zona pertenceu ao arciprestado de Pruzos, incluíndo tamén as parroquias de Paderne e Adragonte (concello de Paderne), dependente da arquidiocese de Santiago de Compostela, e pertencente ao condado de Lemos. O Conde nomeaba un xuíz, que exercía no Pazo de Irixoa.
Durante o Antigo Réxime e até o final do Reino de Galiza a zona pertenceu á provincia de Betanzos. Trala División territorial de España en 1833 pasou a formar parte da provincia da Coruña.
Cultura
[editar | editar a fonte]Símbolos
[editar | editar a fonte]O escudo do concello ten a seguinte descrición: de ouro e sobre ondas de azur e prata, un monte de sinople cargado de sete estrelas de prata e acompañado de dúas cruces ensanchadas de goles. Ao timbre, coroa real pechada. O cumio a que se refire é o monte de San Antón. As sete estrelas, aluden ás actuais sete parroquias, e as cruces ensanchadas refírense ás igrexas parroquiais de San Antón e Churío.
Economía
[editar | editar a fonte]Infraestruturas de transporte
[editar | editar a fonte]O municipio está atravesado de oeste a leste pola estrada comarcal AC-640 (Betanzos - Viveiro) e a autonómica AC-151 (Montesalgueiro - Pontedeume).
Medios de comunicación
[editar | editar a fonte]Neste concello realizouse a gravación do programa de tele-realidade A Casa de 1906, o primeiro programa de tele-realidade feito en Galicia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Irixoa.
-
Ermida de San Cosme de Mántaras.
-
Antigo Cine La Viña na parroquia da Viña.
-
Bandeira de Irixoa, A Coruña.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Decreto 81/1996, do 29 de febreiro DOG núm. 50 (11 de marzo de 1996)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Irixoa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos (2010). "Túmulos prehistóricos no concello de Irixoa (A Coruña)" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (33): 11–26. ISSN 1130-7625.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
