How to Destroy Angels
| How to Destroy Angels | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Epónimo
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Composto por
| |||||
|
Selo discográfico
| |||||
| Datas | |||||
|
Inicio de actividade
| |||||
|
Data de fundación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
How to Destroy Angels é unha banda de post-industrial estadounidense composta polo líder de Nine Inch Nails Trent Reznor, a súa muller Mariqueen Maandig e Atticus Ross. Rob Sheridan é o director artístico do grupo. O seu nome está sacado dun sinxelo da banda Coil aparecido en 1984.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira edición da banda foi un EP de 6 temas, How to Destroy Angels, editado o 1 de xuño do 2010 de xeito gratuíto a través da súa web. Do EP sacouse o sinxelo "A Drowning", e unha segunda canción, "The Space in Between", estreouse como vídeo en Pitchfork o día 14 de maio. O vídeo foi dirixido por Rupert Sanders, e ámbalas dúas cancións foron lanzadas como arquivos de son multipista.
Un terceiro tema, "The Believers", estivo dispoñible a través da aplicación para o iPad da revista Wired, xunto cunha análise da canción, e tamén como descarga gratuíta a través da páxina oficial.
Segundo dixo Trent Reznor nunha entrevista en Times Talk no ano 2011, a banda está traballando nun novo EP. Falando do seu son comentou que sería máis rítmico, distinto ao do primeiro e afirmou que aparecería ao longo do 2011, posiblemente de cara ao verán.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Welcome Oblivion - 2013 (Columbia Records)
EPs
[editar | editar a fonte]- How to Destroy Angels - 2010 (The Null Corporation)
- An omen EP - 2012 (Columbia)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)