Henry Walter Bates
|   | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de febreiro de 1825  Leicester, Reino Unido  | 
| Morte | 16 de febreiro de 1892  (67 anos) Londres, Reino Unido  | 
| Causa da morte | doenza respiratoria  | 
| Lugar de sepultura | Cemitério de East Finchley (pt)    | 
| Actividade | |
| Campo de traballo | Mimetismo e entomoloxía  | 
| Ocupación | explorador, naturalista, botánico, coleccionista de plantas, coleccionista de animais, entomólogo, zoólogo, ecoloxista, lepidopterólogo, coleccionista científico  | 
| Membro de | |
| Obra | |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Bates  | 
| Familia | |
| Irmáns | Frederick Bates  | 
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Dictionary of National Biography, first supplement (en)  Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron  | 
|  | |

Henry Walter Bates, nado en Leicester o 8 de febreiro de 1825 e finado en Londres o 16 de febreiro de 1892, foi un naturalista e explorador británico, famoso pola súa expedición ao Amazonas con Alfred Russel Wallace en 1848, en 1863 publica The Naturalist on the River Amazons.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Wallace regresara a Europa en 1852, pero perdeu a súa colección nun naufraxio, cando Bates chegou sete anos despois, levaba 14 000 espécimes (a maioría insectos), dos que 8 000 eran novos para a ciencia.
En 1863 fornece a primeira confirmación da teoría da evolución de Charles Darwin ao publicar un artigo sobre a teoría do mimetismo, The imitation by a species of other life forms or inanimate objects, onde describe unha especie de bolboreta amazónica que evolúe para adoptar as cores doutra especie veciña á que non atacan os paxaros. Este tipo de mimetismo denominouse na súa honra mimetismo batesiano.
 
	

