Eksperimentet
| Eksperimentet | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Xénero
| |||
|
Lingua orixinal
| |||
| Autoría | |||
|
Director/a
| |||
|
Compositor/a
| |||
|
Guionista
| |||
|
Director/a fotografía
| |||
|
Editor/a de cine
| |||
|
Deseñador/a produción
| |||
| Temática | |||
|
Tema principal
| |||
|
Ambientado en
| |||
| Publicación | |||
|
Data de publicación
| |||
|
Produtor/a
| |||
| Dimensión | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata | |||
Eksperimentet é un filme dinamarqués de 2010[1][2][3] escrito e dirixido por Louise Friedberg,[4] e protagonizado por Ellen Hillingsø.[4] Estreouse o 28 de agosto de 2010 no Centro Cultural Katuaq de Nuuk, a capital de Groenlandia.[2][3] En Dinamarca estreouse o 9 de setembro de 2010.[1]
Contexto
[editar | editar a fonte]O filme trata do experimento dos pequenos dinamarqueses, experimento social da década de 1950 e o problema do xenocidio cultural en Groenlandia. En 1951 as autoridades coloniais dinamarquesas sacaron das súas casas 22 nenos inuit groenlandeses (9 nenas e 13 nenos), con dubidoso consentimento dos seus pais ou titores, trasladándoos a Dinamarca para a súa adopción e reeducación.[3] Os nenos seleccionados, con idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos,[5] procedían de familias desfavorecidas; o goberno quería a súa adopción para integralos na sociedade dinamarquesa "moderna" co obxectivo de transformar os nenos en "pequenos dinamarqueses".[6][3][5]
Os nenos sobreviventes perderon a súa lingua nativa e a súa cultura, e sufriron o trauma psicolóxico de ser separados das súas familias a maior parte da súa vida.[5][7] Algúns dos nenos foron devoltos a Groenlandia despois dun ano, onde foron levados a un orfanato en Nuuk, no canto de ser devoltos ás súas familias. Outros quedaron en Dinamarca o resto das súas vidas.[7] Máis da metade morreron sendo adultos mozos.[6][8]
Personaxes
[editar | editar a fonte]O elenco está composto por actores groenlandeses e dinamarqueses:[4][7]
| Actor | Papel |
|---|---|
| Ellen Hillingsø | enfermeira Gert |
| Nukâka Coster-Waldau | Margrethe |
| Morten Grunwald | Omann |
| Laura Skaarup Jensen | Karen |
| Kurt Ravn | Svendsen |
| Laura Bro | Høgh |
| Mads Ville | Dr. Brandt |
| Finn Nielsen | Møller |
| Domilia Marianne Singertat | Marie |
| Paniaraq R. Søltoft | Ingrid |
| Najaaraq Margit Davidsen | Dorthe |
| Kristian Falck-Petersen | Daniel |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Fakta om film". Danish Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2010. Consultado o 30 de agosto de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 "Verdenspremiere på 'Eksperimentet'". Kalaallit Nunaata Radioa (en dinamarqués). 28 de agosto de 2010. Consultado o 1 de setembro de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Premiere på 'Eksperimentet'". Sermitsiaq (en Danish). 27 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 2010-08-29. Consultado o 1 de setembro de 2010.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Eksperimentet". Nimbus Film, Official Website. Arquivado dende o orixinal o 2011-07-19. Consultado o 28 de agosto de 2010.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Anmeldelse: Stærk og rørende film". Sermitsiaq (en dinamarqués). 29 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 2010-09-19. Consultado o 29 de agosto de 2010.
- ↑ 6,0 6,1 "No apology from Denmark". The Copenhagen Post. 20 de agosto de 2009. Consultado o 28 de agosto de 2010.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Eksperimentet vises i september". Kalaallit Nunaata Radioa (en Danish). 22 de xullo de 2010. Consultado o 28 de agosto de 2010.
- ↑ "Greenland demands apology for Danish child experiments". IceNews. 14 de agosto de 2009. Consultado o 30 de agosto de 2010.