Saltar ao contido

EADS CASA C-295

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EADS CASA C-295
 Instancia de
Persoas e organizacións
Produción
 Total producido
309
220 Editar o valor en Wikidata
Características
 Impulsado por
PW127G (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Identificador militar
C-105 Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Primeiro voo
28 de novembro de 1997 Editar o valor en Wikidata
 Entrada en servizo
2001 Editar o valor en Wikidata
Localización
Wikidata G:Commons C:Commons

O EADS CASA C-295 é un avión de transporte táctico militar bimotor no presente fabricado por Airbus Defence and Space en España.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O C-295 é fabricado é montado nas instalacións de Airbus Military no aeroporto de San Pablo, en Sevilla. É un desenvolvemento do transporte español/indonesio CASA/IPTN CN-235, pero cunha fuselaxe alongada, un 50% máis de capacidade de carga útil e novos motores turbohélice Pratt & Whitney Canada PW127G. O C-295 realizou o seu voo de estrea o 28 de novembro de 1997. O primeiro pedido chegou do Exército do Aire de España.

En 2012 EADS anunciou varias melloras ao deseño básico do C-295, e entre os cambios incluíronse a adopción de winglets e a habilidade de levar o mísil anti-buque Marte; tamén se planeou unha versión de alerta temperá e control aerotransportado.[1] En novembro de 2015 un C-295 demostrou con éxito unha nova suite de auto-protección, que incorporaba elementos como contramedidas infravermellas direccionais de Elbit Systems e un sistema de alerta infravermella pasiva aerotransportada.[2] En xaneiro de 2016 Airbus estaba no proceso de desenvolver unha nova plataforma de abastecemento en voo cun sistema de sonda e cesta para ser instalado opcionalmente na liña central do C295. Esta capacidade está sendo promocionada para a abastecemento de helicópteros de combate e as probas iniciais realizáronse con éxito en decembro de 2016 usando dous C-295 apoiando helicópteros H225M Caracal.[3] Airbus tamén está realizando optimizacións nos flaps e outras modificacións para mellorar as súas capacidades en condicións extremas de aterraxe e engalaxe.[4]

  1. "Winglets and anti-ship missile top latest additions to C295". Flightglobal.com (en inglés). 2012-06-01. Consultado o 2018-11-26. 
  2. "Music test protects C295 from missile threats". Flightglobal.com (en inglés). 2015-11-25. Consultado o 2018-11-26. 
  3. "Airbus offers C295 tanker fit after H225M test success". Flightglobal.com (en inglés). 2017-01-20. Consultado o 2018-11-26. 
  4. "PICTURES: Airbus to flight test new C295 aerial refuelling rig". Flightglobal.com (en inglés). 2016-01-15. Consultado o 2018-11-26.