Distrito de Setúbal
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Portugal | ||||
| Capital | Setúbal | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 788.459 | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 5.064 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | PT-15 | ||||
O distrito de Setúbal é un distrito portugués, dividido entre as provincias tradicionais da Estremadura e do Baixo Alentexo. Limita ao norte co Distrito de Lisboa e co Distrito de Santarém, ao leste co Distrito de Évora e o Distrito de Beja, ao sur co Distrito de Beja e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 5064 km², que o converte no 8º maior distrito portugués. A súa poboación total son 815.858 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Setúbal. Actualmente, é o distrito con maior crecemento e desenvolvemento nas áreas de saúde, traballo, economía, turismo, demografía e educación, grazas á súa proximidade ao mar, rede de escolas e facilidade de captación de investimentos.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]O distrito de Setúbal integra trece concellos:
- Alcácer do Sal
- Alcochete
- Almada
- Barreiro
- Grândola
- Moita
- Montijo
- Palmela
- Santiago do Cacém
- Seixal
- Sesimbra
- Setúbal
- Sines
Relevo e hidrografía
[editar | editar a fonte]O relevo do distrito de Setúbal é maioritariamente chan. As principais serras do distrito son a serra da Arrábida e a serra de Grândola, ambas de moi pouca elevación.
O distrito de Setúbal está atravesado polo río Sado e os seus afluentes. O estuario do río Sado ofrece paisaxes de grande beleza na súa beira sur.
Creación
[editar | editar a fonte]O distrito de Setúbal é o máis recente de Portugal. Inicialmente non foi creado pola reforma de Mouzinho da Silveira (1835). Daquela o seu territorio incluíuse no distrito de Lisboa.
O goberno da Ditadura Militar outorgoulle a autonomía ao distrito de Setúbal o 22 de decembro de 1926, en virtude do seu gran crecemento económico.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Castelo de Alcácer do Sal
- Praias e rexión turística da Costa da Caparica
- Castelo e zona vella de Palmela
- Cidade romana de Miróbriga en Santiago do Cacém
- Castelo e Forte de Santiago en Sesimbra
- Castelo-forte de São Filipe e arquitectura antiga de Setúbal
- Castelo de Sines
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Goberno Civil de Setúbal (en portugués)
- Mapa do distrito de Setúbal
