Distrito de Portalegre
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Portugal | ||||
| Capital | Portalegre | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 22.359 (2018) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 6.065 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| ISO 3166-2 | PT-12 | ||||
| Sitio web | gov-civil-portalegre.pt | ||||
O distrito de Portalegre é un distrito portugués pertencente na súa maior parte á provincia tradicional do Alto Alentexo, completándose con algúns concellos pertencentes ao Ribatexo. Limita ao norte co distrito de Castelo Branco, ao leste con España, ao sur co distrito de Évora e ao oeste co distrito de Santarém. Abrangue unha área de 6065 km², que o converte no 6º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 119.543 habitantes (2006), sendo a súa capital a cidade de Portalegre.
O distrito de Portalegre subdivídese nos seguintes 15 concellos:
- Alter do Chão
- Arronches
- Avis
- Campo Maior
- Castelo de Vide
- Crato
- Elvas
- Fronteira
- Gavião
- Marvão
- Monforte
- Nisa
- Ponte de Sor
- Portalegre
- Sousel
Na actual división principal de Portugal en NUTS II, o distrito intégrase na rexión do Alentexo e todos os concellos, agás Sousel, pertencen á subrexión do Alto Alentexo. Pola súa parte, Sousel intégrase no Alentexo Central. En resumo:
- Rexión do Alentexo
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Castelo, acueduto e muralla de Elvas
- Castelo e muralla de Marvão
- Castelo e catedral de Portalegre
- Castelo de Castelo de Vide
- Cidade romana de Ammaia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Goberno Civil de Portalegre (en portugués)
