Digimon Adventure 02
| Digimon Adventure 02 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
|
Franquía de medios
| |||||||||
|
Formato de imaxe
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Director/a
| |||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||
|
Guionista
| |||||||||
|
Actores de dobraxe
Rio Natsuki (pt)
Taisuke Yamamoto (en) Toshiko Fujita (Tai Kamiya) Yūko Mizutani (Sora Takenouchi) Ai Maeda (Mimi Tachikawa) Yūto Kazama (Matt Ishida) Romi Paku (Ken Ichijouji (pt) Kae Araki (Kari Kamiya) Masami Kikuchi (Joe Kido) Umi Tenjin (Izzy Izumi) Reiko Kiuchi (en) Megumi Urawa (en) | |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||
|
Emisora orixinal
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Digimon Adventure 02 (デジモンアドベンチャー 02 Dejimon Adobenchā Zero Tsū?) é unha serie de animación xaponesa, secuela de Digimon Adventure e a trama ten lugar tres anos despois da serie orixinal.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Os personaxes principais de Digimon Adventure están agora no instituto, e o Digital World está supostamente en paz e a salvo. Pero, un novo mal aparece nese mundo na forma do Digimon Emperor (Digimon Kaiser). Este novo malvado é diferente, pois é humano ó igual que os nenos elixidos. O Digimon Emperor estivo escravizando ós Digimon, por medio dos Aneis Negros e as Agullas de Control, e ademais fixo que agora sexa imposíbel a Digivolución normal. Tres novos nenos son escollidos para salvar o Digital World e, xunto con T.K. e Kari, forman a nova xeración de nenos elixidos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxes principais
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Actor de dobraxe | Digimon | Actor de dobraxe |
|---|---|---|---|
| Davis Motomiya Motomiya Daisuke (本宮 大輔) |
Reiko Kiuchi (XAP) | Veemon V-mon |
Junko Noda (XAP) |
| O novo líder dos nenos elixidos. Ó igual que Tai da primeira serie, é valente, pero moi testán e impulsivo. Está namorado de Kari, e por iso ten unha certa rivalidade con T.K. Ten os digi ovos do Valor e da Amizade. | |||
| Yolei Inoue Inoue Miyako (井ノ上 京) |
Rio Natsuki | Hawkmon | Kōichi Tōchika |
| Unha enerxética nova nena elixida. Ela é obstinada e testalana por veces, pero aseméllase a Izzy cando se trata das súas habilidades informáticas e coñecementos técnicos. Ten os digi ovos do Amor e da Sinceridade. | |||
| Cody Hida Hida Iori (火田 伊織) |
Megumi Urawa | Armadillomon Armadimon |
Megumi Urawa |
| É o máis novo da nova xeración, pero a pesar disto, é moi maduro e pensa as cousas con coidado, igual que Joe de Digimon Adventure. Ten os digi ovos do Coñecemento e a Sinceridade. | |||
| T. K. Takaishi Takaishi Takeru (高石 タケル) |
Taisuke Yamamoto | Patamon | Miwa Matsumoto |
| É un dos nenos elixidos de Digimon Adventure, e é o irmán máis novo de Matt. Dende a primeira serie, chegou a ser máis sensato nas situacións perigosas. Ten o digi ovo da Esperanza. | |||
| Kari Kamiya Yagami Hikari (八神 ヒカリ) |
Kae Araki | Gatomon Tailmon |
Yuka Tokumitsu |
| Ela é un dos oito nenos elixidos de Digimon Adventure, e é a irmá máis nova de Tai. Nesta serie, Kari volveuse máis extravertida e optimista. Ten o digi ovo da Luz. | |||
| Ken Ichijouji Ichijōji Ken (一乗寺 賢) |
Romi Park | Wormmon | Naozumi Takahashi |
| Presentado como un prodixio no deporte e nos resultados académicos, Ken foi un neno elixido un ano antes que o resto dos personaxes principais da serie. As súas habilidades foron reforzadas por unha Agulla de Control, pero volveuno tolo e converteuse no Emperados Digimon. Comezou a conquistar o mundo dixital, pensando que era un simple videoxogo. Máis tarde únese e faise amigo do grupo, arrepentido por como se portara cos nenos elixidos, innumerables Digimon, e cos seus pais. Durante o tempo como Emperador Digimon, Ken era distante e cruel, pero despois volveu ser un rapaz normal e amable. | |||