Copa Eva Duarte
| Tipo | competición deportiva |
|---|---|
| Deporte | fútbol |
| Epónimo | Eva Perón |
| Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Vixencia | 1946 – 1953 |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
Copa Eva Duarte é o nome que recibiu, entre 1947 e 1953, a competición futbolística española, organizada pola Real Federación Española de Fútbol, que enfrontaba ao campión da Liga española de fútbol e ao campión da Copa do Xeneralísimo. A Copa Eva Duarte foi, xa que logo, a competición predecesora da actual Supercopa de España.
Historia
[editar | editar a fonte]A Copa Eva Duarte tivo o seu precedente en 1940, cando os campións de Liga e Copa enfrontáronse por primeira vez nunha final denominada Copa de Campións. A Copa de Campións, con todo, non tivo continuidade.
En 1945, o embaixador da Arxentina en España propuxo recuperar o enfrontamento entre os campións de Liga e Copa, e ofreceu un trofeo chamado Copa de Ouro Arxentina. Proclamouse campión o FC Barcelona que derrotou na final ao Athletic Club, nun espectacular partido que acabou co resultado de 5-4.
En 1946 non se disputou o trofeo e, en 1947, volveuse a disputar aínda que, de novo a proposta do embaixador arxentino, co nome de Copa Eva Duarte de Perón, xa que o trofeo foi doado pola esposa do entón presidente da República Arxentina. A competición disputaríase, baixo esa denominación, durante sete anos consecutivos ata o final da tempada 1952-1953, a causa do falecemento, en 1952, de Eva Duarte de Perón.
Historial
[editar | editar a fonte]| Tempada | Nome | Campión | Subcampión | Resultado |
| 1939-1940 | Copa de Campións | Atlético Aviación | RCD Espanyol | 3-7 e 14-1 |
| 1944-1945 | Copa de Ouro Arxentina | FC Barcelona | Athletic de Bilbao | 5-4 |
| 1946-1947 | Copa Eva Duarte | Real Madrid | Valencia CF | 3-1 |
| 1947-1948 | Copa Eva Duarte | FC Barcelona | Sevilla FC | 1-0 |
| 1948-1949 | Copa Eva Duarte | Valencia CF | FC Barcelona | 7-4 |
| 1949-1950 | Copa Eva Duarte | Athletic de Bilbao | Atlético de Madrid | 5-5 e 2-0 |
| 1950-1951 | Copa Eva Duarte | Atlético de Madrid | FC Barcelona | 2-0 |
| 1951-1952 | Copa Eva Duarte | FC Barcelona | (campión de Liga e Copa) | |
| 1952-1953 | Copa Eva Duarte | FC Barcelona | (campión de Liga e Copa) | |
Palmarés
[editar | editar a fonte]| Pos. | Equipo | Campión | Subcampión |
|---|---|---|---|
| 1 | FC Barcelona | 4 | 2 |
| 2 | Atlético de Madrid | 2 | 1 |
| 3 | Athletic Club | 1 | 1 |
| Valencia | 1 | 1 | |
| 5 | Real Madrid | 1 | 0 |
| 6 | Espanyol | 0 | 1 |
| Sevilla | 0 | 1 |