Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Historia
Novo deseño para o Wikiproxecto Historia
[editar a fonte]Boas, Alberte, Carronada, Mohandas, Alfonso, JaviP96, AMPERIO, Vímara Peres, RubenWGA, Xanetas, MAGHOI, Metiawr85.
Fixen hai un tempo este deseño para o Wikiproxecto Historia que me gustaría aplicar. Penso que mellora a organización da información, a facilidade de lectura e inclúe ao final un modelo que fixen que recolle todos os artigos de "historia de x país". Penso que a única cousa que cambia, é a falta dunha sección de conversa, pero penso que podemos usar esta pestana de conversa como substitución. A miña intención e ilo mellorando co tempo, ou coas ideas que teñades. Por favor dicídeme se alguén non concorda co cambio.
Aquí podedes ver o novo deseño: Novo Deseño Wikiproxecto Historia.
Saúdos! O Breixo (conversa) 7 de febreiro de 2025 ás 12:58 (UTC)
- Ola, @O Breixo. A min paréceme moi claro, moi limpo. Destaco. especialmente, todo o traballo de estrutura e ordenación; e gústame o apartado de "Recursos". Entre os usuarios, eliminaría os que están de verde porque son redireccións. Polo demais, por min, perfecto. E grazas. MAGHOI (conversa) 7 de febreiro de 2025 ás 17:10 (UTC)