Saltar ao contido

Cisco Systems

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cisco Systems


Nome curtoCisco Editar o valor en Wikidata
Tiponegocio, empresa, empresa de capital aberto e organización Editar o valor en Wikidata
EpónimoSan Francisco Editar o valor en Wikidata
Parte deNASDAQ-100, Dow Jones Industrial Average (pt) Traducir, S&P 500 e Dow Jones Global Titans 50 Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicacorporación de Delaware e For-Profit Corporation General Stock Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Fundador/aLeonard Bosack (pt) Traducir e Sandy Lerner (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director/aJohn T. Chambers (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director/a executivo/aJohn Morgridge (en) Traducir 1988 - 1995
Chuck Robbins (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria da telecomunicación Editar o valor en Wikidata
Entidades
Precedido porRiverhead Networks (en) Traducir e Hammerhead Networks (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Economía
Bolsa de valoresNASDAQ e Bolsa de Hong Kong Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1984 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Sourcefire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 37°24′33″N 121°57′04″O / 37.4091, -121.951
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeSan Jose Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónSan Francisco Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBcisco.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: cisco Twitter: Cisco Instagram: cisco LinkedIn: cisco Youtube: UCEWiIE6Htd8mvlOR6YQez1g Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Cisco Systems é unha multinacional localizada en San Francisco (California), dedicada principalmente á fabricación, venda, mantemento e consultoría de equipos de telecomunicacións tales como:

  • Dispositivos de conexión para redes informáticas: routers (enrutadores, encamiñadores ou ruteadores), switches (conmutadores) e hubs (concentradores).
  • Dispositivos de seguridade como devasas e concentradores para VPN.
  • Produtos de telefonía IP como teléfonos e o CallManager.
  • Software de xestión de redes como CiscoWorks.
  • Equipos para redes de área de almacenamento.

É considerada unha das grandes empresas do sector tecnolóxico e un importante membro do mercado do NASDAQ o mercado accionario de tecnoloxía.

A empresa foi fundada en 1984 polo matrimonio de Leonard Bosack e Sandra Lerner, quen formaban parte do persoal de computación da Universidade de Stanford. Bosack adaptou o software para enrutadores multi-protocolo orixinalmente escrito por William Yeager, outro empregado de informática nesa Universidade. Cisco Systems creou o primeiro router comercialmente exitoso. O nome da compañía vén dun xogo de palabras coa cidade de San Francisco, desde onde comezou o seu desenvolvemento como empresa multinacional.

Hoxe en día, outro xigante que lle está intentando facer sombra é a multinacional Juniper Networks, dedicada principalmente á venda de routers para enlaces backbone (columna vertebral).

Ademais de desenvolver o hardware dos seus equipos, Cisco Systems tamén se ocupa de desenvolver o seu propio software de xestión e configuración para eles, que é coñecido como IOS de código actualmente pechado e totalmente propietario.

A través do IOS conséguese configurar os equipos Cisco mediante a denominada "Command Line Interface" (Interface de Liña de Comandos, polo seu nome en galego) que serve de intérprete entre o usuario e o equipo.

Cisco Systems tamén posúe unha división de publicacións tecnolóxicas denominada Cisco Press, a cal ten convenio coa editorial estadounidense Pearson VUE, así como unha división educativa que produce material educativo para programas que teñen coma fin a formación de persoal profesional especializado no deseño, administración e mantenza de redes informáticas. Algúns destes programas son:

  • CCDA (Cisco Certified Design Associate).
  • CCDP (Cisco Certified Design Professional).
  • CCIE (Cisco Certified Internetwork Expert).
  • CCIP (Cisco Certified Internetwork Professional).
  • CCNA (Cisco Certified Network Associate).
  • CCNP (Cisco Certified Network Professional).
  • CCSP (Cisco Certified Security Professional).

Tales programas son ditados en alianza con institucións universitarias denominadas Academias Locais as cales existen en 128 países.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]