Saltar ao contido

Castelo de Verrès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Verrès


Tipocastelo, museo, edificio dun museo militar, museo relixioso, museo do parque histórico e museo dunha entidade pública Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura gótica Editar o valor en Wikidata
Instalaciónsaparcadoiro Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Cadro de persoal2, 6, 1, 1 e 5 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura30 m Editar o valor en Wikidata
Tipo superficie30 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude30 m Editar o valor en Wikidata
Superficie1.734 m² e 1.500 m² Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 45°40′11″N 7°41′44″L / 45.669815, 7.695612
PaísItalia
Rexión con estatuto especialVal de Aosta
ConcelloVerrès Editar o valor en Wikidata
Código postal11029 Editar o valor en Wikidata
EnderezoLocalité Le Château, 1 - 11029 Verrès (AO) Editar o valor en Wikidata
Altitude390 m Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben cultural de Italia
Contacto
Páxina WEBvalledaostaheritage.com… Editar o valor en Wikidata
Teléfono+39-0125-929067 Editar o valor en Wikidata
Correomailto:beniculturali@regione.vda.it Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O castelo de Verrès é un dos monumentos medievais máis famosos do Val de Aosta,[1] lugar de paso entre Italia e o noroeste europeo. Foi construído no século XIV como unha fortaleza militar de Ibleto de Challant (1330 - Verrès, 1409), ilustre membro da liñaxe Challant, que ostentaba o cargo de capitán xeneral e gobernador do Piemonte entre 1379 e 1404, durante o reinado de tres condes Amedeos da Casa de Savoia: o VI, o VII e Amedeo VIII de Savoia|o VIII.

É un dos primeiros exemplos de castelo monobloque, é dicir, constrído nun único edificio, a diferenza dos castelos máis antigos formados por un conxunto de construcións protexidas por unha muralla.[2] As obras duraron preto de vinte anos e en 1390 estaban rematadas. No século XVI, aproveitando a orografía, fíxose unha cinta murada rodeando a edificación para adaptala a novos usos militares. Presenta, ademais desta muralla, numerosos elementos que amosan o seu carácter defensivo: portas fortificadas, portelas a diferentes andares, galería exterior en beiril...

  1. Assessorato Istruzione e Cultura (30/12/2004). Regione Autonoma Valle d'Aosta, ed. "Castelli, torri e dimore storiche". Castelli in Valle d'Aosta. Arquivado dende o orixinal o 17/07/2013. Consultado o 16/10/2011. 
  2. Regione Autonoma Valle d'Aosta, ed. (16/08/2005). "Il castello di Ibleto di Challant". Castello di Verrès. Arquivado dende o orixinal o 20/11/2012. Consultado o 16/10/201. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]