Candy Candy
| Candy Candy | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Mitsuko Horie | |||||||
|
Título
| |||||||
|
Forma artística
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||
|
Lingua
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Autor/a
| |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
|
Ilustrador/a
| |||||||
|
Actores de dobraxe
Ryō Horikawa
Minori Matsushima Kei Tomiyama (pt) Nana Yamaguchi (pt) Chiyoko Kawashima (en) Kaneta Kimotsuki (pt) Kazuhiko Inoue Ryūsei Nakao Miyoko Asō (pt) Sachiko Chijimatsu (pt) Mami Koyama Eken Mine (pt) Eiko Hisamura (pt) Makio Inoue (pt) Taeko Nakanishi (pt) Yumi Tōma Yūji Mitsuya (pt) | |||||||
| Publicación | |||||||
|
Público obxectivo
| |||||||
|
Edicións
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Candy Candy (no orixinal xaponés: キャンディ・キャンディ: Kyandi Kyandi) é un manga creado pola escritora Kyōko Mizuki, un dos pseudónimos de Keiko Nagita, e a mangaka Yumiko Igarashi, pseudónimo de Yumiko Fijii, publicado no Xapón por Kōdansha Ltd. desde 1975 a 1979 e gañou o primeiro premio Kodansha Manga para shōjo en 1977.
A historia conta as vivencias dunha rapaza orfa chamada Candice "Candy" White. Foi despois adaptada nunha serie de anime por Toei Animation entre 1976 e 1979 que se distribuíu internacionalmente, tornándose moi popular en moitos países.
Anime
[editar | editar a fonte]A serie animada ou anime foi producida por Toei entre 1976 e 1979 consistindo en 115 episodios de 23 minutos cada un, ademais de dous OVAs de 1978 e un filme de 1992. En Galiza estreouse en TVE1[1] mais non foron dobrados todos os capítulos por falta de audiencia. Porén, posteriormente foi rescatada por algunhas canles autonómicas coma TV3 (Cataluña) e tamén a Televisión de Galicia, que emitiu a serie completa dobrada ao galego e onde tivo moito éxito. En países como Italia, Francia, Canadá, Indonesia e Corea do Sur, Candy Candy tivo enorme aceptación.
Controversia legal
[editar | editar a fonte]Dende 1998 está prohibida a difusión da serie en todos os países do mundo por mor a un proceso legal entre Igarashi e Mizuki polos dereitos de autor de Candy Candy.