Calcopirita
| Calcopirita | |
|---|---|
Calcopirita asociada a Cuarzo | |
| Información xeral | |
| Fórmula química | CuFeS₂ |
| Clase | Sulfuros |
| Sistema cristalino | Tetragonal |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Amarela latón |
| Brillo | Metálico |
| Dureza | 3,5-4 |
| Exfoliación | Pouco marcada |
| Fractura | Concoidea ou irregular |
| Raia | Verde escura |
| Densidade | 4,3 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A calcopirita ou pirita de cobre (do grego khalkós pyrósé, cobre de lume) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é CuFeS2 (34,6% de cobre, 30,4% de ferro e 35% de xofre).
Aspecto
[editar | editar a fonte]Moi parecida á pirita, diferénciase desta pola súa menor dureza e pola escasa proliferación na súa forma cristalizada. A súa cor amarela latón nas superficies recentes é porén case idéntica á da pirita.
As superficies antigas son alteradas con facilidade co paso do tempo polos axentes físicos (a auga, por exemplo), dando lugar a patinas irisadas de cores azulada, violeta e verdosa.
Os grans pequenos son facilmente confundibles co ouro para un observador pouco experimentado.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]A calcopirita atópase en depósitos hidrotermales e en zonas magmáticas e metamórficas de contacto.
Usos da calcopirita
[editar | editar a fonte]O seu alto contido en cobre fai da calcopirita unha fonte moi importante deste elemento que se usa despois na industia eléctrica e química.
Outros sulfuros
[editar | editar a fonte]Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:
A marcasita, a arsenopirita, a pirita, a pirrotina, a galena e o cinabrio.
