Saltar ao contido

Butano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Butano
C₄H₁₀ Editar o valor en Wikidata
Estrutura
 Instancia de
 Subclase de
 Caracterizado por
 Uso
Propiedades xerais
 Masa
58,078 Da
58,07825032 Da Editar o valor en Wikidata
 Densidade absoluta
0.6 g/cm³ 31 °F líquido Editar o valor en Wikidata
 Velocidade do son
1.034 m/s Editar o valor en Wikidata
Propiedades estruturais
 SMILES canónico
CCCC Editar o valor en Wikidata
Propiedades térmicas
 Punto de fusión
−217 °F
−138,29 ℃ Editar o valor en Wikidata
 Punto de ebullición
31 °F 760 Torr
-0.5 ℃ 101,325 kPa
272.7 K 1 atm Editar o valor en Wikidata
 Punto de inflamabilidade
 Temperatura de autoignición
372 ℃ Editar o valor en Wikidata
 Enerxía de ionización
10,63 eV
10,53 eV Editar o valor en Wikidata
 Entropía molar estándar
310,2 J/(mol K) Editar o valor en Wikidata
 Presión de vapor
2.05 atm 68 °F Editar o valor en Wikidata
Perigosidade
 Risco asociado
 Límite inferior de explosividade
1.6 % (V/V) Editar o valor en Wikidata
 Límite superior de explosividade
8.4 % (V/V) Editar o valor en Wikidata
 Lím. de exposición media
1900 mg/m³ 10 h Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Número CAS106-97-8 Editar o valor en Wikidata
PubChem7843 Editar o valor en Wikidata
ChemSpider7555 Editar o valor en Wikidata
UNII6LV4FOR43R Editar o valor en Wikidata
ChEBI37808 Editar o valor en Wikidata
ChEMBLCHEMBL134702 Editar o valor en Wikidata
Beilstein969129 Editar o valor en Wikidata
InChlModelo3D Editar o valor en Wikidata
ONU/UN1011 Editar o valor en Wikidata
RTECSEJ4200000 Editar o valor en Wikidata
KEGGD03186 Editar o valor en Wikidata
Gmelin1148 Editar o valor en Wikidata
CE203-448-7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O butano (tamén chamado n-butano) é un hidrocarburo saturado, parafínico ou alifático, inflamable, gasoso que se licúa a presión atmosférica a -0,5 °C, formado por catro átomos de carbono e por dez de hidróxeno, cuxa fórmula química é C4H10. Tamén pode denominarse co mesmo nome a un isómero deste gas: o isobutano ou metilpropano.

Características

[editar | editar a fonte]

Como é un gas incoloro e inodoro, na súa elaboración engádeselle un odorizante (xeralmente un mercaptano) que lle confire un cheiro desagradable. Isto permítelle ser detectado nunha fuga, porque aínda que non é tóxico, pode provocar unha explosión.

En caso de extinción dun lume por gas butano emprégase anhídrido carbónico (CO2), po químico ou néboa de auga para arrefriar e dispersar vapores.

O butano comercial é un gas licuado, obtido por destilación do petróleo, composto principalmente por butano normal (60 %), propano (9 %), isobutano (30 %) e etano (1 %).

Estrutura molecular do Butano.

Aplicacións

[editar | editar a fonte]
Bombona de gas butano.

A principal aplicación do gas butano é a de combustible en fogares para a cociña e auga quente, e nos mecheiros de gas. Non adoita consumirse en grandes cantidades debido ás súas limitacións de transporte e almacenaxe.

Non é adecuado para o seu transporte vía gasodutos xa que pola súa alta temperatura de licuefacción poderíase condensar nas conducións. De feito elimínanse os restos de butano e propano do gas natural por este motivo.

O gas butano adoita transportarse en bombonas de butano, un envase cilíndrico, de paredes de aceiro, que contén 12,5 quilogramos de butano. Tamén existen novas bombonas de butano máis lixeiras, fabricadas con outros materiais como o aceiro inoxidable.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]