Apuleio
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 125 Madaura (Alxeria) |
| Morte | c. 170 Cartago, Tunisia |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofía, avogacía, retórica, Escrita creativa e profesional e Q137342802 |
| Lugar de traballo | Cartago |
| Ocupación | escritor, médico, prosista, avogado, retórico, novelista, poeta, filósofo, orador |
| Período | Imperio Romano |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | valor descoñecido |
| Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Apuleio (Lucius Apuleius en latín), nado en 123 ou 125 e finado en 180, foi un escritor latino de orixe bérber.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
O asno de ouro.
Naceu en Madaura, colonia romana de Numidia, fillo dun dun maxistrado provincial. Apuleio formouse en Cartago e posteriormente en Atenas, onde estudou a filosofía platónica. Despois de ser iniciado no culto de Isis, marchou a Roma para estudar oratoria latina. Máis adiante viaxou por Asia Menor e Exipto estudando a súa filosofía e relixión.
Acusado de usar a maxia para conseguir os favores e riquezas dunha viúva, fíxose cargo da súa propia defensa, coñecida como a Apoloxía, onde demostra o seu sentido de humor.

O asno de ouro (ou Metamorfoses) é a única novela en latín que sobreviviu enteiramente, é unha obra imaxinativa, irreverente e divertida que relata as aventuras de Lucio, que durante un dos seus experimentos coa maxia, convértese nun asno; baixo esta aparencia oe e ve gran número de cousas estrañas, ata que Isis devólveo á forma humana. Unha interpolación desenvolve a fábula de Psique e Cupido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apuleio |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Apuleio, Lucio". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 173. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Lucio Apuleyo". Copia arquivada. Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2009. Consultado o 11 de decembro de 2022.