Advanced Composition Explorer
Advanced Composition Explorer | |
---|---|
![]() Advanced Composition Explorer | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 25 de agosto de 1997[1][2][3] |
Foguete portador | Delta II 7920[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Kennedy[2] |
Obxectivo da misión | Estudio das abundancias de diferentes elementos no medio interplanetario.[2] |
NSSDC ID | 1997-045A |
Masa | 596 kg (máis 189 kg de hidracina)[2][4][5] |
Potencia | 464 vatios[2] |
Advanced Composition Explorer, tamén coñecido polo acrónimo ACE, é un satélite artificial da NASA lanzado o 25 de agosto de 1997 a bordo dun foguete Delta II 7920 desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.[4][2][5]
Características
ACE está basado no deseño do satélite Charge Composition Explorer (parte da misión AMPTE) e está adicado a comparar e determina-la composición elemental e isotópica de distintos tipos de materia, entre eles o vento solar, o medio interestelar e outra materia de orixe galáctico. O satélite pesa 596 kg, ó que hai que sumar 189 kg de hidracina para o sistema de propulsión. Foi situado no punto de Lagrange L1, situado entre o Sol e a Terra, a unha distancia duns 1,5 millóns de km desta última, e estabilízase mediante xiro, co eixo de rotación apuntando cara o Sol cun marxe de erro de 20 graos.[4][2]
A nave produce electricidade mediante células solares e estaba deseñada para durar como mínimo cinco anos, xa cumplidos desde o comezo da misión. Leva unha grabadora a bordo para garda-los datos e descargalos posteriormente cando pasa sobre algunha das estacións da Rede do Espazo Profundo da NASA. A velocidade típica de descarga de datos é de 6,7 Kbps.[2]
Os estudios de ACE inclúen análises de abundancia isotópica dos elementos desde o hidróxeno ó cinc (número atómico entre 1 e 30), con estudios exploratorios ata o circonio (número atómico 40).[4][2]
Instrumentos
O satélite leva nove instrumentos[4], entre os que se atopan seis espectrómetros de alta resolución optimizados para o seu particular rango de enerxías[2]:
- CRIS (Cosmic Ray Isotope Spectrometer), espectrómetro de isótopos de raios cósmicos.
- SIS (Solar Isotope Spectrometer), espectrómetro de isótopos solares.
- ULEIS (Ultra Low Energy Isotope Spectrometer), espectrómetro de isótopos de enerxía ultra baixa.
- SEPICA (Solar Energetic Particle Ionic Charge Analyzer), analizador de carga iónica de partículas enerxéticas solares.
- SWIMS (Solar Wind Ion Mass Spectrometer), espectrómetro de mases de ións do vento solar.
- SWICS (Solar Wind Ion Composition Spectrometer), espectrómetro de composición de ións do vento solar.
- EPAM (Electron, Proton, and Alpha Monitor), monitor de electróns, protóns e partículas alfa.
- SWEPAM (Solar Wind Electron, Proton, and Alpha Monitor), monitor de electróns, protóns e partículas alfa do vento solar.
- MAG (Magnetometer Instrument), un magnetómetro.
Resultados
Notas
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ACE" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (8 de xullo de 2011). "ACE" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE. 24 de xuño de 1998. 98-54610. Parámetro descoñecido
|consultado=
ignorado (suxírese|data-acceso=
) (Axuda) - ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: ACE" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "ACE" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2011.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Advanced Composition Explorer |