Saltar ao contido

Advanced Composition Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 28 de febreiro de 2012 ás 02:22 por Xosema (conversa | contribucións) (cambios menores)
Advanced Composition Explorer
Advanced Composition Explorer
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento25 de agosto de 1997[1][2][3]
Foguete portadorDelta II 7920[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[2]
Obxectivo da misiónEstudio das abundancias de diferentes elementos no medio interplanetario.[2]
NSSDC ID1997-045A
Masa596 kg (máis 189 kg de hidracina)[2][4][5]
Potencia464 vatios[2]

Advanced Composition Explorer, tamén coñecido polo acrónimo ACE, é un satélite artificial da NASA lanzado o 25 de agosto de 1997 a bordo dun foguete Delta II 7920 desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.[4][2][5]

Características

ACE está adicado á comparar e determina-la composición elemental e isotópica de distintos tipos de materia, entre eles o vento solar, o medio interestelar e outra materia de orixe galáctico. O satélite pesa 596 kg, ó que hai que usar 189 kg de hidracina para o sistema de propulsión. Foi situado no punto de Lagrange L1, situado entre o Sol e a Terra, a unha distancia duns 1,5 millóns de kilómetros desta última.[4][2]

Os estudios de ACE inclúen análisis de abundancia isotópica dos elementos desde o hidróxeno ó cinc (número atómico entre 1 e 30), con estudios exploratorios ata o circonio (número atómico 40).[4][2]

Instrumentos

O satélite leva nove instrumentos[4]:

  • CRIS (Cosmic Ray Isotope Spectrometer), espectrómetro de isótopos de raios cósmicos.
  • SIS (Solar Isotope Spectrometer), espectrómetro de isótopos solares.
  • ULEIS (Ultra Low Energy Isotope Spectrometer), espectrómetro de isótopos de enerxía ultra baixa.
  • SEPICA (Solar Energetic Particle Ionic Charge Analyzer), analizador de carga iónica de partículas enerxéticas solares.
  • SWIMS (Solar Wind Ion Mass Spectrometer), espectrómetro de mases de ións do vento solar.
  • SWICS (Solar Wind Ion Composition Spectrometer), espectrómetro de composición de ións do vento solar.
  • EPAM (Electron, Proton, and Alpha Monitor), monitor de electróns, protóns e partículas alfa.
  • SWEPAM (Solar Wind Electron, Proton, and Alpha Monitor), monitor de electróns, protóns e partículas alfa do vento solar.
  • MAG (Magnetometer Instrument), un magnetómetro.

O deseño de ACE está basado no do satélite CCE, parte da misión AMPTE. A nave estabilízase mediante xiro, co eixo de rotación apuntando ó Sol cun marxe de 20 graos.[4][2]

Resultados

Notas

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ACE" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (8 de xullo de 2011). "ACE" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  3. "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE. 24 de xuño de 1998. 98-54610.  Parámetro descoñecido |consultado= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: ACE" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "ACE" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2011. 

Véxase tamén

Ligazóns externas