Parabola GNU/Linux-libre
Parábola GNU/Linux-libre é un proxecto de software libre que ten como obxectivo proporcionar unha versión do Arch Linux completamente libre, con paquetes optimizados para i686, x86_64 e mips64. Parábola pretende que as ferramentas para a súa xestión e os paquetes sexan simples. O obxectivo é proporcionar total control sobre sistema con aplicacións 100% libres. Parábola GNU/Linux é recoñecido pola Free Software Foundation como un sistema operacional totalmente libre [1].
O desenvolvemento centrase na simplicidade do sistema, a inclusión da comunidade no desenvolvemento e en ofrecer os paquetes mais recentes en software libre. Seu deseño lixeiro e simple, fai que sexa fácil de entender a calquera outro tipo de sistema que desexe construír.
O contrato social do Parábola GNU/Linux
O contrato social do Parábola GNU/Linux é un compromiso da distribución coa comunidade de software libre en xeral, e dos seus usuarios en particular. É por iso que o noso contrato social irá sempre a seguir a filosofía do coñecemento libre. Todas as alteracións a este contrato social deben ser fieis ao espírito do Movemento do Software Libre.
- Parábola GNU/Linux é software libre: el seguirá as directrices da distribución libre do sistema GNU[2], por iso non inclúe ou recomenda software propietario ou de documentación e non proporciona calquera tipo de soporte para súa instalación ou execución. Isto inclúe: software propietario, firmware binarios ou blobs binarios
- Parábola GNU/Linux e outras distribucións: O obxectivo do Parábola é apoiar o movemento do software libre así nós soamente precisamos competir contra software non-libre. Parábola irase esforzando para apoiar outros proxectos de software libre da mellor maneira posible e calquera información a partir de noso proxecto estará dispoñible para quen precise dela, e isto inclúe os nosos paquetes e repositorios.
- Parábola GNU/Linux e a súa comunidade: nosa comunidade é democrática na súa esencia, para que a comunidade estea incluída sempre que haxa unha necesidade de tomar unha decisión. Nós incentivamos a participación da comunidade no desenvolvemento do proxecto.
- Parábola GNU/Linux e ArchLinux: Parábola é a versión libre do ArchLinux. Nós proporcionamos repositorios e imaxes de instalación sen ningún tipo de software non-libre. Nós respectamos a filosofía do Arch KISS (Keep It Simple, Stupid) e seu proceso de desenvolvemento. Nese sentido, Parábola sempre manterá a retro compatibilidade có Arch, de modo a axudar a liberar as instalacións que xa traballan.
Historia
Parábola foi orixinalmente unha idea dos membros do canal de IRC en inglés da gNewSense en 2009. Nese mesmo ano, xuntáronse os membros de diferentes comunidades do Arch, especialmente da lingua española, aínda que persoas de máis países contribuíron tanto no desenvolvemento e manutención de software e documentación. Hoxe, a comunidade de Parábola está dispersa internacionalmente.
O 20 de maio de 2011, o Parábola foi aceptada como unha distribución completamente libre polo proxecto GNU, cambiando parte da súa lista de distribucións de GNU/Linux libres.[3][4]
Diferenzas có Arch Linux
O proxecto caracterizase por ofrecer apenas contido de software 100% libre nos repositorios oficiais do Arch Linux para as arquitecturas i686 e x86_84, ademais de proporcionar substitutos libres, cando fora posible, como no caso do kernel Linux-libre en vez de Linux.
O proceso de filtrado elimina nos repositorios cerca de 400 paquetes de software que non cumpren as catro liberdades do software por cada arquitectura.[5]
Desde o inicio de 2011 está sendo desenvolvido unha versión da distribución orientada para computadores que utilizan procesadores Loongson, que é un derivado da Arquitectura MIPS de 64 bits. Este desenvolvemento é realizado enteiramente polo proxecto da comunidade.
Características
Como na distribución principal, Parábola usa o mesmo xestor de paquetes Pacman, e tamén é caracterizado por ser rolling release, é dicir, unha distribución que é constantemente actualizada, deste xeito os usuarios teñan sempre a versión mais recente do sistema.
Hai dúas maneiras de obtelo, sexa por imaxes ISO instalables [6] ou migrando dun sistema do tipo Arch Linux instalado anteriormente modificando a lista de repositorios polos repositorios do Parabola.[7]
A maioría de seus paquetes son comprimidos usando o formato XZ, que usa o algoritmo LZMA.
Notas
- ↑ Lista de distribucións libres de GNU/Linux no gnu.org
- ↑ Directrices da distribución libre do sistema GNU
- ↑ Parabola GNU/Linux sumase á lista de FSF distribucións libres (en inglés).
- ↑ Parabola GNU/Linux sumase á lista de FSF distribucións libres (en castelán).
- ↑ https://projects.parabolagnulinux.org/blacklist.git/tree/blacklist.txt
- ↑ "Download Parabola GNU/Linux".
- ↑ "Liberta Arch Linux có Parabola GNU/Linux".