Advanced Composition Explorer
Advanced Composition Explorer | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 25 de agosto de 1997[1][2][3] |
Foguete portador | Delta II 7920[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Kennedy[2] |
Obxectivo da misión | Estudio das abundancias de diferentes elementos no medio interplanetario.[2] |
NSSDC ID | 1997-045A |
Masa | 596 kg[2][4] (máis 189 kg de hidracina) |
Potencia | 464 W[2] |
Advanced Composition Explorer, tamén coñecido polo acrónimo ACE, é un satélite artificial da NASA lanzado o 25 de agosto de 1997 a bordo dun foguete Delta II 7920 desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.[4][2][5]
Características
ACE está adicado á comparar e determina-la composición elemental e isotópica de distintos tipos de materia, entre eles o vento solar, o medio interestelar e outra materia de orixe galáctico. O satélite pesa 596 kg, ó que hai que usar 189 kg de hidracina para o sistema de propulsión. Foi situado no punto de Lagrange L1, situado entre o Sol e a Terra, a unha distancia duns 1,5 millóns de kilómetros desta última.[4][2]
Os estudios de ACE inclúen análisis de abundancia isotópica dos elementos desde o hidróxeno ó cinc (número atómico entre 1 e 30), con estudios exploratorios ata o circonio (número atómico 40). O satélite leva nove instrumentos[4]:
- CRIS (Cosmic Ray Isotope Spectrometer), espectrómetro de isótopos de raios cósmicos.
- SIS (Solar Isotope Spectrometer), espectrómetro de isótopos solares.
- ULEIS (Ultra Low Energy Isotope Spectrometer), espectrómetro de isótopos de enerxía ultra baixa.
- SEPICA (Solar Energetic Particle Ionic Charge Analyzer), analizador de carga iónica de partículas enerxéticas solares.
- SWIMS (Solar Wind Ion Mass Spectrometer), espectrómetro de mases de ións do vento solar.
- SWICS (Solar Wind Ion Composition Spectrometer), espectrómetro de composición de ións do vento solar.
- EPAM (Electron, Proton, and Alpha Monitor), monitor de electróns, protóns e partículas alfa.
- SWEPAM (Solar Wind Electron, Proton, and Alpha Monitor), monitor de electróns, protóns e partículas alfa do vento solar.
- MAG (Magnetometer Instrument), un magnetómetro.
O deseño de ACE está basado no do satélite CCE, parte da misión AMPTE. A nave estabilízase mediante xiro, co eixo de rotación apuntando ó Sol cun marxe de 20 graos.[4][2]
Resultados
Notas
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ACE" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (8 de xullo de 2011). "ACE" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE. 24 de xuño de 1998. 98-54610. Parámetro descoñecido
|consultado=
ignorado (suxírese|data-acceso=
) (Axuda) - ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: ACE" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ Mark Wade (2011). "ACE" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2011.