Saltar ao contido

Aciñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Quercus ilex»)
Aciñeira
Quercus ilex
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
Q. ilex Editar o valor en Wikidata
Características
 Tipo de follaxe
 Fonte de
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
Dimensións
 Lonxitude
20 mm Pecíolo
40 mm folla
50 mm Pedúnculo
120 mm folla
10 mm Pecíolo
8 mm Pedúnculo Editar o valor en Wikidata
 Altura
30 m Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoPlantae
SubreinoTracheobionta
DivisiónMagnoliophyta
ClaseMagnoliopsida
SubclaseHamamelidae
OrdeFagales
FamiliaFagaceae
XéneroQuercus
SubxéneroQuercus
Sección'Quercus
EspecieQ. ilex
Identificadores
ITIS506536 Editar o valor en Wikidata
OTT272692 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX529264
Wikidata G:Commons C:Commons

A aciñeira[1][2] (Quercus ilex) é unha árbore cupulífera do xénero dos carballos, monoica e perennifolia. A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Acada unha altura de 20–27 m, a copa é densa e redondeada, un toro curto e pólas rectas e ascendentes, as follas varían dende as de forma estreita e longa o outras ovaladas, nas beiras son onduladas ou teñen dentes espiñentos. Miden de 2 a 9 cm. Agroma de abril a maio. As flores masculinas agrúpanse en amentos colgantes.

Os seus froitos, landras, de entre 1,5 e 2,5 cm de lonxitude, son de cor verde clara cando novas e de cor castaña xa de maduras. Están cubertas parcialmente por unha cúpula escamuda e teñen un pedúnculo curto. As landras maduran no outono (de outubro a novembro) e son doces.

A súa madeira é moi dura, pesada, forte e resistente de difícil modelación, con gretas pouco fondas. Emprégase para facer rodas, aparellos de labranza, para combustible e carbón vexetal.

Os aciñeirais son bosques característicos do sur de Europa de clima mediterráneo, en terras secas do litoral de Francia, Italia e Península Ibérica. En Galiza está presente nas provincias de Ourense e Lugo, na zona que fai fronteira con León e Zamora.

Adoita plantarse como protección, especialmente xunto ao mar, pola súa resistencia aos ventos e á contaminación das cidades.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aciñeira.
  2. Entrada nº 12. Xusto Rodríguez Río (coordinación) (2004). Servizo de Normalización Lingüística da USC, ed. Termos esenciais de botánica (PDF). p. 18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]